Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.317 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Sobre un comentario sobre a temperie

    Atardecer dende a zona da illa Pancha Hoxe amence coas rúas molladas e a vista pecha, e lémbrome dun comentenario que oín onte de pasada a unha muller falando por un móbil. Ó chegar á casa, mirei a temperatura, 19 ºC, como antes me fixara na visión, cousa de 1 km, con néboa suave, igual…

  • Onte a auga estaba fría

    Flores subindo Santa Cruz Si, certo: onte, nos bloques, a praia popular de Ribadeo, a auga estaba fría. Dixéronmo de camiño, e quixen comprobalo. Costaba meterse, e quizáis despois de dez minutos na auga podías notar as mans un pouco máis pálidas a causa da baixada de temperatura. Despois, nada de secarse ó sol: a…

  • A residencia, con máis ánimo, máis perto do final

    Collo a nota do concello e comento: DEPUTACIÓN E CONCELLO, DISPOSTOS A COLABORAR Xuntanza con Beatriz Mato 08/07/2013 A comisión pro residencia de maiores en Ribadeo volverá reunirse coa conselleira de Traballo e Benestar o vindeiro 9 de setembro. Ese día coñecerase o grao de implicación da Xunta neste proxecto, segundo relataba este mediodía o…

  • Actividades en Ribadeo

    Ribadeo ten actividade. Máis se é fin de semana. E máis se é en pleno verán. Quedou amosado unha volta máis neas fin de semana. Outra cousa é que as actividads sexan do mesmo cariz, coa mesma difusión ou coa mesma participación. En Ribadeo, o venres houbo unha noite branca para o comercio, ata as…

  • Festival Internacional de Música clásica de Ribadeo

    Pásame Ángel Alda a ligazón: http://www.fimcr.com/fimcr_2013 Do 12 ó 16 de agosto no Hernán Naval, Cecilia String Quartet (Caitlin Boyle, viola Rachel Desoer, violonchelo Min-Jeong Koh, violín Sarah Nematallah, violín), Jorge Blasco (piano) e Leopoldo Erice (piano). 11€ entrada individual, 50 abono. Visitando a páxina, un histórico dos tres anos pasados. Ribadeo, en agosto, música…

  • Non importa: turismo destemporalizado

    O concello hai tempo que leva dicindo que quere un turismo desestacionalizado. Coido que considerando os fines de semana, a desestacionalización vai por bo camiño. Agora preve un novo colapso na praia das Catedrais, que xa hai tempo que está recibindo abondos visitantes dentro deste mesmo ano. E isto, a pesares da temperie que fai…

  • O futuro económico de España

    Un título moi rimbombante me quedou … quizáis para compensar o cariz da entrada. Só ven a conto que me atopei días pasados cun dato que xa coñecía pero que me fixo pensar. Na actualidade, a débeda española, tanto privada como pública, anda rondando o 400% do PIB, é dicir, por cada euro que se…

  • Pleno extraordinario de 20130628

    O pleno durou de oito a nove da noite, e tivo só dúas persoas de público. Se foi así quizáis o por que haxa que procuralo en que todo viña xa ‘atado e ben atado’ entre os partidos, quizáis no pouco interese dos puntos (agora poderá verse), quizáis en que a xente non sabía de…

  • Encontro de bandas en Ribadeo

    Onte foi a primeira parte do encontro entre as bandas de Ribadeo e de Mondoñedo. Nun Hernán Naval a media entrada, 40 músicos de ambas formacións compartiron directores e foron aplaudidos de xeito que houbo unha obra extra e un bis. Deixo embaixo o programa e sete gravacións:  

  • Actividade da fin de semana: aeromodelismo

    Está a xente de Al Corte organizando esta fin de semana (28/29/30 de xuño) o encontro moteiro. Tamén, no aeródromo de Vilaframil, medio centear de aeromodelos, avións, veleiros, helicópteros, multicópteros, … fan demostracións sábado e domingo ante un público na maioría dos propios afeizoados, nun ambiente festeiro de encontro, o que evita formalidades de permisos,…