Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.459 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Botando algunhas contas sobre a perda do poder adquisitivo dos funcionarios galegos

    No xornal de onte viña unha nova sobre a perda do poder adquisitivo dos funcionarios da Xunta. Polo título, parecería que un 4%. Na edición en papel aparecían diversos conceptos que aumentan abondo dita cifra. Collendo só ós máis doados de contabilizar, e descartando outros como o que representa a reducción de días ‘Moscosos’ (concedidos…

  • A ría de Ribadeo da Ponte dos Santos, en marea baixa

    Hai unha semana voltou ser marea viva. Dende as primeiras columnas da ponte podíase obter estas vistas:  A base das columnas abrangue abondo aló do que parece. A altura de base que sobresae da auga, cousa de algo máis de 1,5 m  Bo momento para que a draga rinda. O malo, como puiden observar despois,…

  • A residencia de maiores, pasiño a pasiño

    Comentaba hai tres días a (pen)última postura da Consellería fronte á petición dunha residencia de anciáns para Ribadeo. Hoxe xa está na web do concello a pre-resposta á última polo momento. Adiantaba daquela que era previsible unha resposta roma da Consellería e que fora cal fora, a comisión tería feito un traballo que tería que…

  • Unha curiosidade en Santa Cruz

    Coido que todo o mundo sabe que a Casa da Ría de Ribadeo ten pouco uso. Iso da lugar a algunha situación curiosa, como a que representa o vídeo a continuación: O niño de avésperas está entre fiestra e contra, cunha actividade relativamente alta, na parte da Casa da ría que da cara ó pobo.…

  • A Torre dos Moreno, dende outro punto de vista

    A Torre dos Moreno, edificio emblemático de Ribadeo, ten múltiples faces, moitas delas descoñecidas pola maioría de nós. Esta entrada é só unha pequena aportación máis á súa actualidade, contrastando partes xa tratadas con outras totalmente danadas, aínda en penoso estado.

  • Hoxe é mañá: Sobre a residencia de maiores

    Corto e pego o publicado na web do concello, espedcificando que o ‘mañá’ do que fala xa é o ‘hoxe’ no que publico: “Residencia de maiores 09/09/2013 Mañá será cando se coñeza a proposta económica final da Consellería de Benestar para a construción dunha residencia de maiores en Ribadeo. As cifras ofrecidas esta tarde en…

  • Rendindo tributo dende Ribadeo ó software libre

    O software libre como idea (antes xa se practicaba) naceu hai 30 anos como gnu e está de celebración. Isto é só unha lembranza dende o blog do que lle debemos. Deixo o logo da celebración, a ligazón a unha das páxinas principais do movemento e un lugar con varios vídeos e explicacións sobre o…

  • Despedindo as festas da Patroa de Ribadeo 2013

    As festas despídense pouco a pouco, porque sábese que se van. Ás veces, máis rápido, ás veces, máis longo, perso sempre con dúas ideas: que se sabe cando rematan para un e que se espera que volten o próximo ano. Á saída de Ribadeo cara á Vila Vella hai un cartel de benvida, que ó…

  • + tapas pintadas

    Hoxe pintáronse máis tapas da zona da rúa peonil. Aí van as que vin, acompañando ás do ano pasado (aquí e aquí):

  • Vendo xirar o Sol

    Hai xa tempo, en Castilla, ó ver os campos de xirasois, ocorreuseme que era unha imaxe que non vería nunca en Galicia. Mira ti por onde, agora hai un en Ove, na estrada de Vilela, fronte á saída da fonte do Valín. Fíxome en que estes non xiran moito, coa súa orientación entre leste e…