Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.260 posts
28 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Hoxe é mañá: Sobre a residencia de maiores

    Corto e pego o publicado na web do concello, espedcificando que o ‘mañá’ do que fala xa é o ‘hoxe’ no que publico: “Residencia de maiores 09/09/2013 Mañá será cando se coñeza a proposta económica final da Consellería de Benestar para a construción dunha residencia de maiores en Ribadeo. As cifras ofrecidas esta tarde en…

  • Rendindo tributo dende Ribadeo ó software libre

    O software libre como idea (antes xa se practicaba) naceu hai 30 anos como gnu e está de celebración. Isto é só unha lembranza dende o blog do que lle debemos. Deixo o logo da celebración, a ligazón a unha das páxinas principais do movemento e un lugar con varios vídeos e explicacións sobre o…

  • Despedindo as festas da Patroa de Ribadeo 2013

    As festas despídense pouco a pouco, porque sábese que se van. Ás veces, máis rápido, ás veces, máis longo, perso sempre con dúas ideas: que se sabe cando rematan para un e que se espera que volten o próximo ano. Á saída de Ribadeo cara á Vila Vella hai un cartel de benvida, que ó…

  • + tapas pintadas

    Hoxe pintáronse máis tapas da zona da rúa peonil. Aí van as que vin, acompañando ás do ano pasado (aquí e aquí):

  • Vendo xirar o Sol

    Hai xa tempo, en Castilla, ó ver os campos de xirasois, ocorreuseme que era unha imaxe que non vería nunca en Galicia. Mira ti por onde, agora hai un en Ove, na estrada de Vilela, fronte á saída da fonte do Valín. Fíxome en que estes non xiran moito, coa súa orientación entre leste e…

  • De tempos e ratios: un médico para Ribadeo

    Hai preto dun ano comezou a rumorearse. Ninguén fixo caso. A cousa foi en aumento, a Plataforma Sanitaria da Mariña advertiu … chega este setembro e parece que chegou o momento de estoupar como nova: Ribadeo, se non o remediamos, quedará sen un médico dos que tiña. No medio, no que parece unha estratexia ben…

  • Pxoms: Burela 2050

    Mentres Ribadeo ten na páxina web o seu pxom en exposición, xorde a nova da aprob ación en pleno de Burela do seu PXOM (que deberá seguir trámite). Os periodistas elixiron como cousa relevante unha cifra: a poboación que quen realizou o plan espera ter no concello no 2050: 18004 persoas. E iso collo. Resulta…

  • Os 31 da fama

    Esto si que é cachondeo e non o da miña entrada de onte sobre a creación de chourizos! 31 parados menos nun mes dan para querer ocultar as novas de Bárcenas-PP e compañía, o préstamo sen interese, sen pasar por Facenda e con escasa devolución Rei-Infanta, a diminución de emprego, a contribución da emigración á…

  • Como facer chourizos e curalos (liñas xerais)

    Cóllese o magro do porco ou substancia adornada por moitos cartos, e pícase. O do picado é para evitar transparencia e que non se saiba ben de onde ven a substancia, podendo así misturar con facilidade a partir de diferentes lugares do porco. É algo fundamental para que pase por chourizo e non por, poñamos…

  • Aniversario da SGHN

    Hoxe é un día deses que a historia pequena non pode deixar pasar, aínda que pareza totalmente oculto no seu significado para a historia que se conta nos telediarios. Por un aviso da Galipedia, decátome de que hoxe hai corenta anos da fundación da Sociedade galega de historia natural, unha institución que é básica para…