Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.459 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Pavillón: fotos e retrospectiva

    Onte, 28 de febreiro de 2014, foi a inauguración do ‘novo’ pavillón, antes de que a charanga Aturuxo fixera de pregoeira antroideira. O das comiñas, porque se ben é enteiramente novo de construción, no seu lugar había xa un pavillón que ata ó final, funcionou (aínda que necesitara un bo amaño), e do que, como…

  • Aplausos no concello: unha perspectiva

    Antonte, 26 de febreiro, foi o pleno que deu o pistoletazo de saída ó que se podería chamar ‘segunda fase para a nova residencia de maiores de Ribadeo’. As tres votacións (gasto plurianual das obras de construción, proxecto técnico e licitación) que permitirán ó concello dispor da cartos ou requerir ofertas para a construción foron…

  • Marabilloso inverno

    Este inverno estanos a deixar vento, vento, e vento, coas súas consecuencias. Pero non só. Os ceos tamén presentan paz moitas outras veces, mesmo algunha, estrelas. O amencer de antonte e o arco da vella xa a semana pasada ilustran o que digo. Por certo, o inverno non só trouxo marabillas meteorolóxicas; houbo máis que…

  • Antes de despois da tormenta: comparando os cantís das illas

    Comparemos as dúas fotos: A primeira, unha foto actual, cunha frecha sinalando a zona derruída. A segunda, unha foto do cartel que hai no acceso á praia, onde aínda se ve a disposición antes de que o temporal botara embaixo o arco… Ámbalas vistas, á túa disposición na praia de illas. Unha advertenza: os bloques…

  • Final feliz dun devir histórico

    Deixo en Publicado en Ribadeo, sección de documentos históricos, o resume do proceso ata conseguir a Residencia de Maiores. Coido que é un documento a ter en conta para futuras accións da xente de Ribadeo se queremos conseguir cousas xuntos… O mesmo documento, visible en liña en Issuu.

  • E a suba do gas, para cando?

    Hoxe, esta tarde ás 8 na casa do mar de Ribadeo, estou invitado a unha charla sobre a reforma das pensións, ó igual que toda a cidadanía que o desexe. Procurarei ir, promete ser interesante o que se presenta como unha presentación do libro ‘A batalla das pensións’, que no seu subtítulo alude á privatización…

  • Ribadeo, autovía A-8, km 520, unha curiosidade

    Hai anos xa que sucedeu. A ‘primeira pedra’ ante electoral do tramo da A-8 que Atravesa a N-634 á altura do alto dos pinos. Cerimonia informativa no que sería o propio cruce entre ambas estruturas, obviando que habería retraso no comezo en si. E logo, nada, no que respecta ó espazo empregado para a cerimonia.…

  • Un adianto á residencia de Ribadeo

    Iso, un adianto, foi o anunciado polo alcalde de Ribadeo en relación á residencia: comezarase o trámite para a licitación aínda sen asinar a aportación de 500 000 € por parte da Xunta. Para elo, unha manobra: o concello poñerá esa cantidade de ser necesario adiantala porque a aportación se retrase (esa é a proposta…

  • Ceuta, como exemplo

    Estamos vendo nas novas sobre Ceuta e a inmigración un exemplo da pauta xeral que se mantén dede hai xa tempo por parte do estado para case calqueira cousa. Case nos podemos preguntar se é por convencemento, necesidade estimada ou sinxelamente costume. A cousa é que ‘a morte’ (así, estimada polos medios como tal, descartando…

  • Arándanos en Ribadeo: unha pequena reportaxe fotográfica

    Por unha casualidade, vou poder corrixir a posición que asignei como posible á finca alugada á Cooperativa os Irmandiños polo concello de Ribadeo para a plantación de froitos silvestres, auspiciada pola Asociación ‘Puente de los Santos’. Coido que queda claro na foto, atravesada pola N634: na parte superior, a rotonda que liga a N634 coa…