-
O IES de Ribadeo xa ten nome novo
Con tardanza me entero de que o IES de Ribadeo, creado a comezos do curso pasado, xa ten oficialmente o novo nome: Instituto de Educación Secundaria de Ribadeo Dionisio Gamallo. Adxunto deixo a copia da resolución e a ligazón ao DOG do 7 de febreiro de 2014 onde sae publicada (e en Publicado en Ribadeo):…
-
Dignidade e difusión
Non é a primeira volta que sinalo que temos demasiada información. Que, de feito, nós mesmos a restrinximos para poder nadar sobre ela. Pero unha cousa é que a restrinxamos nós, cos nosos criterios, e outra cousa é a censura externa da información que nos pode chegar (por suposto, a máis das informacións dirixidas, interesadas…
-
Ribadeo e o libro
Vexo hoxe a nova de que Ribadeo vai recuperar a feira do libro. Vinte anos teñen pasado dende que a organizara a A. C. Paco Lanza. No medio, un intento do concello, sen chegar a bo porto pola crise, segundo explicaron. Agora, ven de mans federais: da federación de libreiros galegos. Diría que algo…
-
Para a obra da residencia de maiores
Luns, no BOP, apareceu o anuncio de aprobación de proxecto e licitación de obra da residencia de maiores de Ribadeo. O texto correspondente déixoo embaixo, non se antes reseñar algunha nimiedade cun sorriso, como o acento no apelido segundo do alcalde no primeiro anuncio ou que teña que aparecer o correo electrónico dun funcionario en…
-
dende Ribadeo, máis aló do Facebook
Segundo Facebook, Ribadeo xa está en Galicia (aínda que, se te pos a trastabillear, habería que matizalo). Érache boa! Como se porque o dixera o Facebook, Ribadeo deixara de estalo. Mais esa situación campou anos, cos perxuízos correspondentes, con difícil solución. Tan difícil solución que O Tesón non conseguiu o cambio, e o alcalde, por…
-
unha corrección sobre Ribadeo e Galicia
Copio e pego algo de Ribadeo.org, non sen antes lamentar que o alcalde, que foi o xestor da corrección, non lembrara que houbo asociacións que comezaron co tema.’ De xeito separado, máis adiante, prometo unha pequena reflexión. XA FOI SOLUCIONADO O ERRO NO FACEBOOK Ribadeo está en Galicia 07/03/2014 Ribadeo xa está en Galicia no…
-
A sanidade cáese en anacos
Pode resultar un recurso doado de usar: que se caia un falso teito no hospital non é gran cousa. Ó fin, o teito era falso, un mero adorno para permitir usar o espazo entre el e o teito verdadeiro. Pero mirando en retrospectiva a media ducía de anos pasada sobre a sanidade pública, e máis…
-
Mércores de cinza
O antroido trouxo, como tódolos anos, outras posibilidades de vida mediante o cambio do disfraz. Queda o remate, pero nunha adaptación á realidade, tódolos anos é o mesmo: as máscaras son xa previsibles, de negro e chorosas. Onte foi xa mércores de cinza, e pasou a festa vital, rematada polo rito relixioso, marcada por el…
-
Espectáculo en Rinlo (e perigo)
Onte Rinlo era un espectáculo. O Cantábrico en xeral. As ondas despellexaban a terra, voltaba a auga marrón ó mar despois de terse levantado moitos metros e golpeado, arrincando o substrato por riba da rocha e mesmo abrindo de desprazando a mesma rocha. Imaxes da auga chegando ó campo de fútbol en Tapia ou o…
-
Técnico de Medio Ambiente. Varios gráficos e un posto.
A raíz do comentario na rede sobre a resolución (do apartado de test) da convocatoria para unha praza de Técnico de Medio Ambiente do Concello de Ribadeo, paseime pola páxina da web do concello onde hai diversos documentos relacionados (con ficheiros descargables e descargados) e atopei as actas “DE SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL CONTRATADO TEMPORAL”…
