Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.575 posts
47 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Ídeo mirando, que xa está cambiando

    O aspecto da zona onde se ubicará a residencia de Ribadeo xa comezou a cambiar. Onte comezaron a podar as árbores da entrada das antigas casas de profesores, co que a próxima semana é previsible que comecen as obras efectivas de derrubamento dos edificios actuais. Xa existe unha sinalización primeira con estacas sobre o terreo.…

  • Día bonito con anticipo

    De novo na tempada actual, clarexou un día bonito. Estamos tendo en Ribadeo un xuño ente neboado e radiante. E en toda Galicia, a tempada de praia comezou xa hai tempo. O sorriso co albiscar tempo despexado continúa nas novas: A Xunta ‘autoriza a adiantar’ a contratación de socorristas. Ben, se se le o corpo…

  • Comeza a tempada de incendios

    Onte houbo un incendio en Noceda. Por esta parece que a cousa foi ben. Ademáis de actuar rápido e con medios (ás brigadas uníronse dous hidroavións que repostaron de auga na ría), a terra non sufriu coa mesma intensidade que o resto de Galicia o sol desta pasada semana. En xeral, as néboas da zona…

  • Ven en tren ás catedrais!

    O alcalde de Ribadeo desempolvou unha cuestión que leva tempo, moito tempo, con teas de araña: a variación lixeira da liña de FeVe para viaxeiros. Que eu saiba, a última variación rematada na liña Ferrol-Xixón foi de abondo máis calado, a que se fixo para a planta de Alúmina-Aluminio. É dicir, aproveitamento industrial. E diso…

  • Cambiar de lectura

    Luns. A ver que dirección colle a nova semana. De pronto, a finais da anterior, o que da ganas é de cambiar a dirección ou o enderezo. Cambiar a dirección de España ou cambiar o enderezo a fóra de España. A última? Coido que xa non se pode dicir en singular ningún ou cáseque ningún…

  • De pasada: Ribadeo/Galicia e China

    Hoxe, con pouco tempo, vin no xornal algún dato con relación ás PAAU en Galicia, e lembrei algo lido hai tamén poucas horas en relación á selectividade na China. Así, que, comparando… Galicia: 10 000 estudantes fan as probas. China: 9 000 000 (=900xGalicia) Poboación: Galicia: 2 865 000 habitantes China: 1 340 000 000…

  • Deliciosa mañá

    Cantan os galos ó fondo mentres o sol sae tras dos tellados nun ceo de nubes altas, máis prometedoras de bo tempo que de cobertura branca nesta mañá calma. Con pouco máis de vintecatro horas de por medio, outra imaxe tomada con coidado, con certa distancia para non molestar, presenta asemade a tranquilidade salvaxe da…

  • O efecto Streisand na Mariña a conto/canto de Miro Casabella

    Ben, na realidade nin transcorre en internet, polo que non é exactamente un ‘efecto Streisand‘. Pero o caso de Miro Casabella é algo semellante: o seu concello natal rexeita facerlle un recoñecemento e, de carambola, xorden na comarca actos de desagravio que entendo superan de longo o recoñecemento proposto de xeito inicial. Foi en Ribadeo…

  • Non hai risco para a saúde

        Seguimos a vivir na Terra. Nun lugar que cada vez temos máis poder para transformar, e transformamos cada volta máis rápido. Si temos tamén cada vez máis coñecemento do que facemos, pero cóstanos traballo enfialo, dispoñelo, aproveitalo, aplicalo, e por iso o perigo de destrución é cada vez maior. Máis aínda cando cada vez…

  • Nota de AGE Ribadeo sobre os datos do caso Pokemon en Ribadeo

    Pasa a publicar unha nota de prensa de AGE Ribadeo sobre os datos do caso Pokemon en Ribadeo: “ O pasado xoves 29 de maio o suplemento A Mariña do Progreso publicou unha información sobre a que cómpre desfacer todas as dúbidas. Dise nela que técnicos implicados na adxudicación a Aquagest dunhas obras de urbanización…