Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.317 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Habemus PXOM

    Onte, á última hora do día, era un clamor en Ribadeo: hoxe, venres 15 de novembro de 2014, Ribadeo vería rematado o novo PXOM coa sinatura final. Era 1977, é dicir, 37 anos fai, cando o anterior plan de ordenación municipal, con moitos menos requisitos e ben diferentes circunstancias daba o seu paso final. É…

  • Un novo ciclo de documentais de concienciación en Ribadeo

    Nota de prensa 20141111 Ciclo de documentais da AVV O Tesón coa temática de Concienciación social Como xa ven sendo tradicional, a AVV O Tesón ten programado para este outono un novo ciclo de actividades. Neste caso, trátase de documentais que serán presentados, visualizados e logo, discutidos. O ciclo, de asistencia gratuíta e que se…

  • Paisaxes e ceos de Ribadeo

    De cando en vez, vanse acumulando fotos do entorno nas cámaras ou nos discos duros, escamoteando ó fondo la lembranza entornos bonitos, paisaxes agradables e máis. Traelos de novo á vista é un exercicio equivalente a aspirar aire fresco, que rende só polo feito de facelo, sen procurar máis efectos secundarios. Estas son de menos…

  • Os extraterrestres xa están aquí e aproveitanse de ti

    Collamos algún dato de xente que sabe diso, os da ciencia ficción. Os extraterrestres veñen representados por xente sen sentimentos humanos ou moi pouco desenvolvidos. As cousas das que se alimentan son descoñecidas ou sinxelamente, raras. O aspecto pode variar moito, e hai algúns tipos que se amosan a luz do día completamente diferentes, mentres…

  • Estación de autobuses de Ribadeo

    Coido que non é a época na que a estación de autobuses de Ribadeo ten estado máis desastrada. Unha estación de autobuses representa un edificio de servizo público (as hai que son privadas ou están privatizadas, pero en calquera caso, o servizo que están a facer é público) e como tal, deberan estar coidadas impecablemente,…

  • Pasou a tormenta

    Pasou a tormenta e deixou a algunha zona do pobo varias horas sen luz, a máis dun regueiro de avarías e aparellos queimados por toda a poboación. Certo que foi o conxunto seguido de tormentas con aparello eléctrico máis longo que lembro en Ribadeo, pero sigo sen comprender moi ben por que non se evitan…

  • Sobre as contas do concello de Ribadeo (ou non)

    Coido que se todos contribuímos ás contas do concello, deberan estar dispostas para a nosa análise. A cousa é que se están dando pasos nese sentido. Hai xa algún tempo un amigo me comentou desta web, http://www.rendiciondecuentas.es/gl/index.html , que fai un paso adiante para que podamos dispoñer desas contas para botar unha ollada. Case diría…

  • 5 vivendas e local comercial no cubano

    No centro de Ribadeo, o sete de agosto, tomaba esta foto: Na praza de España, comezaba a ‘rehabilitación’ dun edificio para vivendas (5) e baixo comercial, no antigo local do Cubano. Parecía que a mesma empresa que mercou unha parte do edificio do cantón, a casa dos perecitos ou os pazos das Figueiras, atacaba de…

  • Un novo apunte sobre Ribadeo e o cambio climático

    Hai pouco, menos dunha semana, que apuntei no blog que este ano vai camiño de ser o máis caloroso da historia lembrada en Ribadeo, e algo antes, que o cambio climático estaba a propiciar o aumento de días coas temperaturas máis altas. Volvo hoxe sobre o tema con novos datos, os que vai recollendo pouco…

  • A Xunta de Galicia discrimina a Ribadeo

    Aínda que saiu en varios medios, cooio e pego dende http://cargadoiro.blogcindario.com/2014/10/00416-la-xunta-de-galicia-discrimina-a-ribadeo.html este artigo de José Mª Rodríguez, que denuncia e compara o ir a 100% da Xunta en Foz contra a renuencia continuada a poñer 1/5 en Ribadeo: La vecina villa de Foz ha sido desde siempre objeto del afecto y simpatía de las gentes…