Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.317 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Estarán a tempo?

    Que a tempo para que? Para as eleccións, claro! O título e o primeiro parágrafo darían para o comezo dunha charla á vista do anuncio, onte, das obras de Ramón González II (penso que sería polo menos III, contando a parte ó norte, entre Doutro Moreda e Rodríguez Murias) Coido que si, chegará… despois de…

  • Algunha pincelada sobre a chuvia

    Un día máis, chove antes de amencer. Decido recoller a folla de cálculo sobre a choiva e actualizala. Canso xa da imaxe de chuvia, lévome unha sorpresa: este inverno é certo que está a chover, pero nada excepcional. Este cansanzo é algo cíclico. Como se pode ver na táboa supra, os meses que levamos de…

  • Auga, Bando e Bando 2

    A contaminación da auga de Ribadeo, a mais de enquistarse, da sorpresas. E cada vez máis. Onte mesmo, unha situación de desaconsellamento de bebela nalgunha parroquia durante algunhas horas creou unha situación tanto cómica como confusa, ó meu ver. Tanto, que ata os bandos correspondentes foron numerados co título de ‘Bando’ e ‘Bando 2’… a…

  • Segundo o previsto, UPRi disólvese…

    Era algo que xa saíra no blog,en diversas ocasións, a modo de opinión, como aquí ou aquí.A que foi terceira forza máis votada nas eleccións municipais 2011, tras pasar a travesía cun só representante  e un cambio de concelleiro no mandato, tira a toalla. Tira a toalla? O seu blog está desaparecido, aloxado nun lugar…

  • Vídeo do pregón do antroido Ribadeo 2015

    O vídeo que colgou a comisión do antroido Ribadeo 2015 en internet, correspondente ó pregón.

  • En torno á ría de Ribadeo

    Ría de Ribadeo. Hai tempo que xente diversa, entre a que destaca Evaristo Lombardero, en entre a que me atopo, reclama un plan de ordenación natural da ría (‘PORNA’), que fixe e protexa o entorno. En ausencia dunha visión de conxunto plasmada nun documento dese estilo, hai proteccións diversas pola inclusión da ría en espazos…

  • O xogo do despiste

    Estas dúas imaxes son iguais, diriamos: representan o mesmo. E en ningunha das dúas se ve con claridade o fondo. Hai pouco tempo saiu un artigo de Campo Braña sobre a non celebración da feira do libro en Ribadeo neste ano. Resulta que si se vai celebrar, aínda que non no circuíto de feiras publicitado.…

  • Primum legere, deinde cogitare

    Venme o título, primeiro ler, logo pensar, dun dito latino ben coñecido: ‘Primum vivere, deinde filosofare’, primeiro vivir, logo filosofar, a conto de algo que lin onte. O de onte era unha páxina enteira de La voz de Galicia, na que o seu director Santiago Rey Fernández-Latorre larga unha longa perorata para rematar dicindo algo…

  • Eu coordino, ti coordinas…

    Non sei cando veu Amancio Prada cun concerto a Ribadeo por última vez, pero sei que ten entidade abondo como para que o auditorio Hernán Naval poda encherse. Tampouco me cabe dúbida de que a queima do antroido en Ribadeo é un acto multitudinario, aínda que sexa de perioricidade anual. Pois collo, miro no correo…

  • O Camiño Primitivo, de Ribadeo a Lugo

    Pouco a pouco, a Asociación Cultural Casa das Letras recorre camiño dende a súa creación en setembro de 2011. Neste caso, por partida dobre: a presentación do novo libro potenciado pola asociación, o ‘Caderno de Viaxes Camiño Primitivo‘ será presentado en Lugo, na Galería Sargadelos hoxe mesmo ás oito da tarde. Na presentación, a máis…