Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.457 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Presentación da candidatura de Ribadeo en Común

    Hoxe vai de ReC. Puxen pola mañá a política de Ribadeo a traverso de Radio Burela: e agora engado dous audios e algunha foto do acto de presentación da candidatura no parque hoxe mesmo: 1.http://www.goear.com/listen/19ffd8d/presentacion-candidatura-rec-2015-ribadeo-comun 2.http://www.goear.com/listen/beaaff3/presentacion-candidatura-rec-2015-parte-ii-ribadeo-comun Engadido: Ideas para un programa de Ribadeo en Común (20150517): https://docs.google.com/spreadsheets/d/1DWifM7zw4L2MZCsjeb6O6r2VXCdQuUt9YpzgH8sGX8o/edit?usp=sharing Ribadeo en Común (ReC) BNG PSOE PP Ciudadanos…

  • A política de Ribadeo a traverso de radio Burela

    Onte, o programa Parolando, de radio Burela, abrangueu tamén a Ribadeo. O programa pretendía presentar nas ondas ás novas formacións que se presentan ás municipais 2015 na Mariña. E chamaron a xente de Viveiro, de Alfoz, de Foz e de Ribadeo. Os de Viveiro non se presentaron, alegando, dixo o presentador, motivos laborais e de…

  • Ribadeo e a reciclaxe

    Antonte, nunha nova do concello, o actual concelleiro de Medio Ambiente felicitaba a quenes reciclamos vidro e envases. Non me vou meter co tono de triunfo compartido (ó fin, ten algo de certo que é un triunfo chegar a reciclar cando parece que ‘todo vai en contra’). Só reflectir algunha cousa a traverso dos datos…

  • Plan de conservación do monumento natural da Praia das Catedrais

    Remata de saír o último documento ata o momento do plan, segundo referiu a prensa. De calquera xeito, como a súa procura pode resultar non tan clara, aí van as ligazóns correspondentes ó que se pode atopar na web da Xunta: Nome Plan de conservación do monumento natural da Praia das Catedrais Tipoloxías Ordenación do…

  • Primavera?

    Por esta época, levo posto no blog varios anos algunha entrada de xardíns colgantes. A conto de dúas fotografías que tomei este fin de semana, retomo o tema con algunha variación. A primeira é a foto dunha casa que da a r/ San Miguel. Mellor dito, ós restos do que era unha casa. Vista por…

  • Eva e Fran, ideas e acción

    Pensa como un home de pensamento. Actúa como un home de acción. Na época na que me dixeron o anterior, o de home si tiña unha connotación de masculino, non tanto de humanidade. Pero a idea, pensa como unha persoa de pensamento, actúa como unha persoa de acción, é correcta como mandato, independentemente do sexo.…

  • Despois do 25 de abril

    O tempo de onte? Unha mañá que se quedou boa e unha tarde na que se foi perdendo visibilidade. 25 de abril de 1974. Un tempo no que os empresarios que poderían pensar en ofertar o pago do salario en latas de conserva gardaron esas ideas. Tempos para non tanto celebrar onte de xeito puntual,…

  • Ríos con vida, por Mark Adkinson

    AVV O Tesón Nota de prensa Ciclo visións do medio ambiente Onte venres tivo lugar a terceira e última actividade do ciclo da AVV O Tesón “Visións do medio ambiente dende Ribadeo”, a charla de Mark Adkinson sobre “A pesca recreativa como fonte de ingresos sostibles”. A charla dividiuse en tres partes, unha primeira, a…

  • Un paseo por Ribadeo: ribadeando

    Onte non quedei a gusto co resultado do post “Historia e coñecemento de Ribadeo“. Por iso, hoxe presento de xeito rápido un pequeno paseo de escasos oitocentos metros e algúns dos moitos comentarios que se poden facer del, coñecemento de Ribadeo e a súa historia, mesmo obviando a maior parte de observacións máis coñecidas. Comezo…

  • Historia e coñecemento de Ribadeo

    A cousa ven a conta de que coa implantación da LOMCE, nos centros hai algunhas horas dispoñibles para materias que ‘cree’ o centro. Virían ben programación, ou animación á lectura, pero cando me enterei do tema, pasóuseme pola cabeza “Historia e coñecemento de Ribadeo”… quizais sexa por iso que anda nas redes sociais, enfocado de…