-
A temperie de Ribadeo en 2015: 2.- Chuvia
Segunda entrega da serie sobre a temperie no ano 2015 (a primeira foi sobre a temperatura) feita cos datos da Pedro Murias. Na gráfica comparativa entre os anos do século 21, o pasado 2015 ocupa un lugar non moi visible, de cuarto ano con menor cantidade de chuvia caída (781,8 L/m2), manténdose sempre en niveis…
-
A sanidade non se vende, hoxe na Casa das Letras
LA SANIDAD NO SE VENDE. Este o tiduo dun libro coordinado por Hixinio Beiras Cal e Marciano Sanchez Bayle que xunto con otr@s seis autor@s tratan de resumir as principais actividades da Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública e dar unha serie de orientacións prácticas cara aos movementos sociais que teñen como…
-
Un sono de noite de reis: pedindo ós reis magos en beneficio de todos
O vídeo anterior é aburrido: un lume sae unha cheminea sen parar (a antiga Ensidesa, Avilés). A cheminea non expande o lume, está preparada, é a súa misión. E o lume ? O lume é só enerxía que se perde, quecemento da atmosfera, un misto visto ó lonxe que non remata de consumirse. Un proceso…
-
Oito anos de novas do concello
O concello comezou coas súas ‘novas’ hai máis de oito anos. Hoxe ten 328 páxinas (a última só con 5 entradas, o resto con 6), o que fai 1967 ‘novas’ dende o 24/11/2007, isto é, en 2984 días, 2 novas cada tres días, ritmo que se mantén, aumentando só moi lixeiramente: hoxe, oito anos longos…
-
Sintes nostalxia do Minibar? Minibar, o documental
Pois iso, a última produción de El Farero trata o tema:
-
O quecemento global, dende Ribadeo
Nun artigo anterior deixei esta gráfica, representando a media de temperaturas, en ºC, ó longo de cada ano do que vai de século en Ribadeo: Da unha idea de que a temperatura media ten subido en Ribadeo ó longo do século, axustada, algo máis de 0,4 ºC. Dito así, non parece gran cousa. Pero a…
-
Proxectando 2016
Cando aínda non amenceu o primeiro día hábil de 2016 en moitos traballos, xa van baleiros varios contedores de vidro, unha conexión co pasado inmediato, sen necesidade dunha proxección cara ó futuro. En Ribadeo como noutros lugares parece que se impoñen as cousas deixando obrar ás circunstancias, sen máis. Proxectos, só ós que obrigan (PXOM),…
-
A ría de Ribadeo, a comezos de 2016
A ría de Ribadeo estes días está preciosa. Embaixo unhas mostras, fotos e vídeos: Boca da ría de Ribadeo, coa illa Pancha, dende a Punta da Cruz ondas na Punta da Cruz, 20160102 a ría de Ribadeo con nubes, 20160101 vento para windsurf, 20160101 Enseada da Liñeira, 20160101 As Figueiras, 2060101 Ponte dos Santos…
-
A temperie de Ribadeo en 2015: 1.- Temperatura
Temperatura media en Ribadeo, 14,07 ºC A temperatura media mes a mes pódese representar de diferentes xeitos. Aquí deixo as medias mensuais no que vai de século en Ribadeo notando que o mes máis frío segue a ser febreiro e o máis cálido, agosto (máis abaixo, a táboa cos datos): Na primeira gráfica apréciase a…
-
Lembrando unha entrada vella sobre un ribadense, Juan José Rodríguez Andina
Dicía o xornal hai pouco: “Juan José Rodríguez-Andina, profesor do Departamento de Tecnoloxía Electrónica da Universidade de Vigo, foi nomeado vicepresidente da IEEE Industrial Electronics Society“. E lembroume unha entrada de hai tres anos: “Din que vigués, pero Juan José Rodríguez Andina é nado e medrado en Ribadeo… http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2012/12/06/investigador-vigues-dirigira-revista-internacional-ingenieria-electrica/722719.html A revista: http://ieee-ies.org/index.php/pubs/magazine” E é que…