Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.321 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Pregóns do entroido ribadense

    Ben, puxen unha entrada sobre o antroido pola mañá, mais xa me perdín o pregón deste ano: estaba facendo unha pequena publicación con pregóns de edicións anteriores e pasóuseme o tempo. Que sirva ao menos como contribución ó antroido deste ano: Por certo, eis o antroido de Ribadeo na Galipedia.

  • Estamos no entroido? En Ribadeo, si

    Como case sempre, as imaxes son ampliables. O entroido de Ribadeo, tamén: comezou, segundo o programa, hai dúas semanas e rematará o día 13, o que fai tres semanas de de troula. O título é unha pregunta retórica, pois: en Ribadeo estamos de entroido, e a ampliación é o de menos, cosmética, porque hai que…

  • Vistas coa illa Pancha

    Hoxe a tarde prestábase … E cando Aramburu Mejeras tomou o cadro que está na biblioteca municipal, tamén (aínda que a foto non saiu moi clara): A saída da ría, coa illa Pancha no centro, esta tarde:

  • ACISA e asociados, Co.

    Co mes apareceu na páxina web de ACISA (si, se alguén ve algo raro na portada… é así) unha convocatoria de subvencións. Coido que a cousa non sería chamativa se non existiran dous puntos que entendo que así a fan. O primeiro deles, que é unha subvención para actividades que outorga unha entidade que é…

  • O Galeón de Ribadeo, en National Geographic Historia

    Un  artigo enteiro, que en formato web, reducido, pode verse en “El galeón de Ribadeo se va deteriorando día a día“, incluíndo algún comentario. Unha historia que comezou xa hai tempo, a do galeón de Ribadeo… (imaxe collida dunha publicación anterior no blog), representando o tramo final da ría de Ribadeo -N cara á esquerda-…

  • Pero aínda estamos así? A residencia está aquí porque a quixemos, a xente

    Non é a primeira vez, nin a segunda, nin a terceira… que sae a removerse o tema da residencia cando remata de imputarse a alguén do PP, se descubre algún novo “pastel” ou cousa semellante… ou sinxelamente por saír nas novas, seguindo o adaxio de que o importante é que se fale sobre un, aínda…

  • Participando – desparticipando

    Iso de ‘desparticipando’ non soa, verdade? Cando se participa, e logo se deixa de participar, a frase constrúese así. E, cando non se participa por impedimento á participación? A frase sae demasiado longa. Pois iso. Din que para mostra abonda un botón. Pois aquí deixo dous. Son dúas tomas de pantalla correspondentes á páxina de…

  • I+D+i feito en Ribadeo

    Vexo no xornal esta mañá que o día 12, venres, nas instalacións de O Cabazo terá lugar a presentación do ‘Defensor’, embarcación tipo dron cunhas prestacións que premitirán a súa actividade en diversos escearios, como rescates, e cunha grande versatilidade. A presentación no Cabazo non é ó azar, pois son dúas empresas galegas, unha de…

  • Decoración semiobrigada

    Volvo de novo a fotografar as alturas da rúa Ramón González, con motivo parello a algunha vez anterior (dende que escribín ‘tres puntos negros‘ xa voltei facelo sobre este mesmo tema). É un motivo pequeno, os paxariños que se acumulan nunha casa, e os efectos que producen, que os veciños tenten que os paxaros non…

  • Pequena crónica dun minipleno

    O salón de plenos, onte, baleiro de bancos no centro (disposición provisional) Este artigo ten dúas contribucións. Unha, a continuación, a miña propia, e outra, embaixo, de José Mª Rodríguez. —     Onte (21060128) tivo lugar o pleno ordinario convocado con só dous puntos na orde do día (catro se lle sumamos a aprobación de…