Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.321 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • A santidade en Galicia. Por que será?

    Por medio dun contacto na rede, chego a este mapa: Collido de http://biqdata.wyborcza.pl/files/files/QaWZNI0u3X.png, onde se recomenda ir para ver con máis detalle. Especifica con puntos vermellos os lugares que teñen un ‘santo’ (a verba que corresponda en cada lingua) no seu nome. Coido que chama a atención a profusión de cor vermella en Galicia, que…

  • Ribadeo contratará!

    A nova: Ribadeo “contratará a tres informadores/as turísticos e tres operarios de medio ambiente (…) comezarán a traballar a vindeira Semana Santa“. Comezarán … e rematarán. Como entradilla do título da nova do concello aparece que o punto de atención estará aberto do 19 ao 27 de marzo. Vale, non só son eses 9 días,…

  • RIBADEO EN BICI

    #ribadeoenbici Un grupo de usuarios da bicicleta, decidimos facer todos os venres primeiros de cada mes, unha concentración no Cantón dos Moreno como xeito de reivindicar espazos de uso para as bicicletas e facernos visíbeis ante o resto dos vehículos con os que temos que convivir día a día. Queremos dar a entender que os…

  • Nota de prensa de O Tesón: asemblea e cese de actividades

    Nota de Prensa 20160302 Conforme ó previsto, a AVV O Tesón enfronta o sábado 12 de marzo unha xuntanza crucial para o seu futuro. Polo momento, a pesar dos avisos e esforzo da actual dirección, non hai recambio, polo que, de non haber sorpresas de última hora, a asociación vese abocada a unha suspensión de…

  • A democracia de plasma, en Ribadeo en positivo vs participación cidadá

    Unha nova remata de lembrarme as roldas de prensa de Rajoy por pantalla de tv. Aínda que sexa moi diferente. Resulta que o PSOE de Ribadeo propoñerá gravar os plenos e colgalos da rede. Non se trata de roldas de prensa en plasma para evitar preguntas que poden resultar desabradables, senón dar difusión a unha…

  • BNG, Ribadeo, futuro, fernandismo

    Feito. Vence xa non está de cabeza do BNG. A formación parece seguir aquela máxima xesuítica de ‘en tempos de tribulación non facer reformas’ na versión ‘facela e non enmendala’ que tan bos resultados electorais está a dar, e seguir cunha idea cerrada. Ó día seguinte dunha manifestación en Santiago que foi plural e que…

  • Velutina!

    Onte tivo lugar no salón de actos da casa do Mar de Ribadeo a presentación dunha nova asociación ribadense, os Abelleiros, e con dito motivo, unha charla sobre a avespa velutina e o seu combate. Antes da charla Na charla participaron Víctor Cao, como representante de Protección Civil de Ribadeo, Marcos Villamil, presidente dos Abelleiros…

  • AS FONTES DE WALLACE E A TORRE DOS MORENO, Artigo de Pancho Campos

    En 1870, Napoleón III, viu que París despedía un olor nauseabundo debido o abandono dos servicios públicos. Paris necesitaba, principalmente, abastecemento de auga para que os seus cidadáns a converteran nunha cidade salubre, habitable e relucente. Grazas á colaboración de filántropos ricos como Sir Richard Wallace que decidiron gastar as súas fortunas en obras sociais,…

  • Ribadeo Formación e Información

    A formación é necesaria para calquera cousa. En casos, sinxelamente para poder facer. Noutros, para facelo mellor. Ribadeo, como concello, anda metido tamén no tema da formación. Polo que parece, ten pedidos dous talleres, un para guías turísticos con perfil ambiental e outro para archivo, dixitalización e xestión documental. Estarían afectadas 16 persoas por cada…

  • Incidindo no comercio. Na época de entretempos hai que prepararse para ‘tempos’ máis produtivos.

    Comentaba onte sobre a ACIA de Ribadeo, ACISA, e as súas contas. a raíz da asamblea anual que tiveron a pasada semana. Seguindo a mirar o comercio, dende a xuntanza ata hoxe houbo pequenos cambios que poden afectar ó panorama comercial ribadense. Un deles, sobre as catedrais: de pronto, púxose en marcha o sistema de…