Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.321 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • En Burela… e noutras 50 cidades de España

    Mañá (se o les hoxe martes!),  mércores 16 (de marzo de 2016) ás 20:00 h (oito da tarde) en Burela (si, á beira do Cantábrico) xunto con outras máis de 50 cidades de España Concentración diante do Concello Polo refuxio dos refuxiados, para impedir o indigno acordo da UE con Turquia. Non te enteraches? A…

  • A Semana Santa en Ribadeo 2016

    Xa hai uns días que está na rúa o tríptico da Semana Santa para este ano. Deixo embaixo a portada, aínda que mellor velo enteiro na ligazón.

  • De loitas e loitas

    Loitar por conseguir cousas é unha constante nas persoas e na humanidade. Mais hai moito, moito tempo que nos decatamos que non todas as loitas son iguais. Iso non impide que se sigan a producir desigualdades na loita e entre loitas. Desigualdades na loita dende o comezo, pois os poderes que se enfrontan non teñen…

  • Nota de prensa e borrador de acta da asemblea de O Tesón de sábado 20160312

    A AVV O Tesón está de cambios. Quedou claro en anteriores comunicados, nos que se foi contando a historia próxima inmediata, e tamén dilucidadno a historia próxima por vir da asociación veciñal. Hoxe, unha nota de prensa e o borrador da acta saíron á luz no seu blog. Preséntoas nesa orde: Logotipo de O Tesón…

  • Levantando as catedrais?

    Hai unha semana unha nota de prensa do concello daba pé a unha nova sobre o ben que vai todo en relación ás Catedrais, o seu futuro e o seu aproveitamento: “as liñas nas que estamos traballando en todos estes meses dunha maneira discreta e silenciosa para ir avanzando no proxecto“, enfatizaba a nota. Eses…

  • O RELOXO DE RIBADEO, artigo de Pancho Campos Dorado

     Buscando no Arquivo do Concello de Ribadeo datos sobre algúns temas nos que estamos interesados, atopeime cunha serie de notas dende o ano 1563, sobre acordos que se fan na “casa del relojero” e reparacións dun “Relox” que había en Ribadeo, supoño que sería o da Torre do Reló, pois son pagos do Concello o…

  • Camiño ó centenario da Torre dos Moreno

    Hai xa cen anos que a Torre dos Moreno se comezou a construír. Cara finais de 1915 ou comezos de 1916, a obra estaba en marcha (ver por exemplo o artigo de Ernesto Cruzado na edición da ‘Gaceta Ribadense’ especial para ‘II Festa Indiana’ na que aparece a copia dunha petición para o inicio das…

  • Comezando a historia da Banda Municipal de Ribadeo

    Xa hai novo sitio web da banda Municipal de Ribadeo e Amadores da Música. Coido que quen queira información, pode comezar por aí. Deixo só a miña contribución á web: Comezando a historia da Banda Municipal de Ribadeo A banda naceu… Non, hai que comezar antes: a banda municipal de Ribadeo tivo un caldo de…

  • 8M. Reivindicando outra celebración

        Día da muller traballadora. Para reivindicar a muller mediante o seu dereito ó traballo? Arco da vella, imaxe de esperanza     Coido que nunha lóxica capitalista, onde uns poucos non necesitan reivindicarse co traballo porque teñen capital, a reivindicación polo traballo vai como anel ó dedo ó pensamento hexemónico: somos se temos traballo asalariado,…

  • De Burela a Lugo, pasando por Ribadeo, en man

    ‘O sistema’ é corrupto. ‘O sistema’ está a facer dano ó planeta’. ‘O sistema’ é ineficaz. E chega ó absurdo. Ás veces parámonos en cousas moi grandes para decatarnos que ‘o sistema’ está moi mal, en cousas ou casos que, dicimos, quédannos grandes para solucionalos, e deixamos por exemplo que unha multinacional poda querellarse –…