Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.321 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Alegación ao Catálogo das Paisaxes de Galicia

    Deixo embaixo a nota de prensa que estes días enviou ‘Por nuestro faro‘: O colectivo “POR NUESTRO FARO” ven de remitir unha alegación ao Catálogo das Paisaxes de Galicia, na que se incluiron algúns espazos singulares de Ribadeo, como son a Illa Pancha especialmente amenazada por un proxecto de hotel, cafetería, aparcamentos, etc e outros…

  • Os abelleiros atacan de novo

    Entérome pola rede de que os abelleiros de Ribadeo fan unha actividade pro abellas. Sei que está programada como anti-velutina (ver cartel), pero na realidade é en defensa das abellas. Coido que o cartel é abondo explicativo e resume moi ben o que se vai facer. Coido que non é necesario nin lembrar cousas como…

  • UNHA VELLEZ EN SOIDADE. Artigo de J.Mª Rodríguez

    Copio do blog de José Mª: Aí están. Sós nas súas casas. Ese é o seu destino. Vellos sen familia. O froito dunha sociedade de progreso. Vellez en soidade. Dise que “de vello dúas veces neno”. Pro nas súas vidas non hai nenos que lles fagan rir e lembrarlles a súa propia nenez. Están sós.…

  • Ribadeo e o catálogo de paisaxes

    A comezos de semana publiquei sobre o catálogo de paisaxes. Dende aquela, naceu un movemento para a inclusión nese catálogo de varios puntos de Ribadeo non incluídos nel. A ver que che parece a súa inclusión. Embaixo deixo un modelo imprimible a tamaño normal, e, antes, o texto correspondente e algún comentario, usable co ‘corta…

  • Venda de pisos

    Onte foi a subasta dun piso longamente anunciado polos xornais en Ribadeo. 55 500 € de custe final, dende os 27 000 de saída, cun depósito do 20% do prezo de saída para poder participar e despois de desaproveitar a compra por 25 000 sen subasta nos que o chegou a ofrecer a Consellería de…

  • PBIP: protección dos buques e instalacións portuarias

    Zona portuaria de Ribadeo. OpenStreetMap Vexo no xornal PBIP, así, tan campante, dito parece ser que por José Juan Durán, Presidente de Portos. E supoño que quedou tal cual despois de dicilo. Sin que se enteraran máis que os catro no allo. Por iso fun na súa procura por internet. E achei. Claro que achei:…

  • Internet e concello. Un paso adiante?

    Atópome esta mañá con algo novo na páxina do concello: unha ligazón dende á ‘sede electrónica’ do concello. A ligazón funciona e diríxese a unha web nova, aínda que agora mesmo non é a páxina principal (imaxe embaixo), senón a unha páxina secundaria. Se collemos a páxina principal desa web, atopamos a oportunidade de acceso…

  • Pequena crónica de algo desaproveitado

    O 31 de marzo (isto é, xoves), apareceu na web do concello unha nota, “obradoiro sobre a paisaxe“, na que refería que menos de 48 horas despois (sábado á mañá), habería un ‘obradoiro’: ” Novas SERÁ NA AULA CEMIT A PARTIR DAS 11 HORAS Obradoiro sobre a paisaxe 31/03/2016 Ribadeo acollerá o vindeiro sábado, 2…

  • Na bici, in crescendo

    #ribadeoenbici  Venres ás 20:00 viuse. A bici está puxando en Ribadeo. Polo momento, paseniño. Pero mes a mes verase. As dúas primeiras fotos son de cando nos estabamos a xuntar as 28 persoas que saímos do parque para dar o paseo. Unha ou dúas xuntanzas máis (os primeiros venres de mes, ás 20:00 no mesmo…

  • Un novo pleno baleiro (de xente, non de contido)

    Como manda a costume e o impón o xeito de facer as cousas, o martes houbo un pleno no que asistiron de público catro persoas, periodistas incluídos. Non debía de ser moi importante, pois total, só se trataban cousas de pouca monta como o orzamento municipal. Por partes. O documento que apareceu na web do…