-
Nota de prensa: chamamento á participación na concentración de usuarios da bici
Remátame de chegar a nota de prensa correspondente á concentración ciclista de maio. Aínda que xa puxen esta mesma semana a entrada “En cinco días #ribadeoenbici“, subo tamén a nota de prensa, completa (ilustración incluída): ” Un venres mais de principios de mes, facemos unha concentración de usuarios da bici, non só de ciclistas, que…
-
CASA DA RÚA ENXEÑEIRO SCHULZ, por Francisco José Campos Dorado
Á metade da rúa a man esquerda segundo se baixa desde a Amando Pérez cara a rúa Viejo Pancho e Antonio Otero, atopamos unha casa blasonada cun antigo escudo de armas. Está realizado nunha pedra enroxecida, posiblemente pola cantidade de anos que estivo sometido as goteiras do canalón a traverso dos crampóns de ferro, pero…
-
Avance das obras na r/Paco Lanza
Dende a Avenida de América á Alfredo Deaño: ese é o tramo da rúa Paco Lanza que se está vendo afectado por obras na beirarúa. Mellor, deberamos dicir, a beirarúa correspondente á residencia de maiores, aínda que tamén colle un tramo do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. Comezaron o día 19 a preparar: Foto tomada…
-
En cinco días #ribadeoenbici
Amence con Sol, e subindo a temperatura, do día, natural ó saír o sol, e a media, polo cambio de ventos. Un día como para andar en bici. O venres 6 de maio será a terceira concentración ciclista #ribadeoenbici despois de que na primeira unhas poucas persoas nos reuniramos baixo unha chuvia inclemente e decidiramos…
-
Amadores da Música: ó traballo
Sábado 30 de abril. Asemblea de Amadores da Música, a sociedade xestora da Banda de Música de Ribadeo. Anunciado que se non había recambio na directiva, a sociedade desfaríase. Hai recambio. Un equipo encabezado por Chema Suarez, con ilusión consciente, fíxose cargo da dirección. Algún repite na directiva: *Presidente: Chema Suárez García *Vicepresidente: Diego Vizoso…
-
A divulgación da ciencia en Galicia. Ribadeo
Corto e pego dende ‘Física e Química en Ribadeo‘: O pasado día 20 de maio, en Santiago, tivo lugar o que foi o momento punteiro en todo o ano para avaliar o estado das relacións entre ciencia, técnica e sociedade en Galicia. O Consello da Cultura Galega presentou un informe que hai cousa de ano…
-
Nota de prensa sobre a xuntanza da Reserva da Biosfera e a illa Pancha
Onte, 28 de abril celebrouse en Vegadeo a primeira xuntanza de constitución do Foro Social de participación da Reserva da Biosfera “Eo, Oscos e Terras de Burón”, con presencia do D. X. de Recursos Naturais do Principado de Asturias, a Da. X de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, os codirectores da reserva por Asturias…
-
A economía (nova) de Ribadeo? de que falas?
Ribadeo está desindustrializado. Quen o industrializará? O industrializador que o industrialice bo industrializador será. Non é un bo trabalinguas, mais podería significar algo abondo consoante co que moita xente pensa. Chocaría isto coa deriva cara ós servizos que, sen ser planificada nin coordinada, ten tomado Ribadeo? Como polo momento non e previsible que ocorra, só…
-
Reconfigurando Ribadeo
Todos lembramos, por aínda recente, os momentos nos que Santa Cruz ofrecía unha vista de máis de vinte grúas en funcionamento na zona de Ribadeo. Nalgún momento teño contado ata case trinta. Hoxe non é así, e a cousa redúcese a un par ou pouco máis. E houbo un desprazamento dos lugares afectados. Hoxe faise…