Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.425 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • A próxima semana, pleno

    Iso é o que se deduce da nota de prensa que liberou o concello, na que se indicaba que mañá xoves haberá comisión informativa previa. Ou sexa que, aínda que de xeito indirecto, sabemos que a próxima semana será o pleno ordinario que se realiza cada dous meses, en mes impar, estes últimos tempos, de…

  • A non pirámide de poboación

    Despois de diversas embestidas das novas sobre a demografía en Galicia, ven unha e outra vez a nova do anuncio de medidas para evitar a debacle poboacional en Galicia. Así, de xeito illado, como se non existiran cousas como a emigración, condicións económicas e de traballo ou mentalidade. Como se abondara con dicir algo como…

  • Mínimos contraproducentes

    A conta dunha queixa ó Valedor do Pobo sobre o mínimo do consumo de auga no concello de Barreiros, volve a estar visible o cobro de cantidades non consumidas. Con diferentes xustificacións, atopamos pagos ‘mínimos’ en moitos servizos, dende telefonía a auga, pasando por electricidade ou gas canalizado. A xustificación soe estar relacionada con que…

  • Suicidio made in Galicia

    Que levamos varias décadas cun número de nacementos inferior ó necesario para o mantemento da poboación? Iso non chega! Imos facelo máis difícil: batamos a marca! Ese parece o lema da sociedade galega. Claro que hai complementalo: tamén máis emigración. Canta xente nova que esteña no seu lugar de orixe cun trinta anos coñeces? E…

  • Pago por control

    Pagar por controlar. Que paguemos (todos) porque nos controlen (algúns). O último episodio veciño, As Catedrais. A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio a semana pasada, no DOG, fixo o anuncio: “RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que…

  • A illa Pancha, desaloxada… Noticia!

    A illa Pancha, desaloxada… Noticia! O domingo, un xornal daba a nova de que a illa Pancha foi ‘desaloxada’ de xente polo concesionario. Precisamente o día de reis, con máis visitantes e máis potencial de noticia. Coidamos que se deben aclarar algunhas cousas sobre o feito. 1.A oposición de ‘Por nuestro faro’ é ben anterior…

  • O comezo de ano máis frío do século en Ribadeo

    O quencemento global é un feito. Aínda hai poucos días que un pequeno estudo neste blog aportaba dados que testemuñan que ano tras ano, Ribadeo tende a ter un clima máis quente. Mais a media de temperaturas é algo estatístico, e poden darse episodios aleatorios que vaian en dirección contraria á media. Así está pasando…

  • Un ano de temperie en Ribadeo 2016. III.-Vento

    *Primeiro publicado en FQ Ribadeo*  *A serie ‘un ano de temperie en Ribadeo 2016’ consta de de parte I.-Temperaturas, parte II.-Chuvia e parte III.-Vento* ‘Só nos lembramos do vento cando ventea’. É entón cando rememoramos dalgún día especial con vento veloz que causou destrozos. E maldicimos cando saímos á rúa e o vento non nos…

  • Deslinde do concello de Ribadeo

    Aló polo 1927 debían ter problemas de deslinde os concellos de Ribadeo e Barreiros, polo que encargaron a Jesús García Rodríguez, de A Devesa, o deslinde do concello de Ribadeo, por unha beira, e o deslinde do concello de Barreiros, pola outra. Traballos que executou e polos que parece que cobrou no seu momento algo…

  • Un ano de temperie en Ribadeo. II.- Chuvia

    *Primeiro publicado en FQ Ribadeo* *Ven de parte 1: Un ano de temperie en Ribadeo. I.- Temperaturas* As dúas variables meteorolóxicas que máis se cre lembrar son as temperaturas, en primeiro lugar e das que xa falei, e a chuvia. E iso pasa porque nesta terra son os factores determinantes da temperie. Un dito apunta…