Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.322 posts
30 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Unha nova nota de prensa. Esta vez, sobre os cortes de luz

    Aínda non amenceu. Agora hai luz na casa. Un milagre da tecnoloxía do século XIX que ás veces se interrompe no Ribadeo do século XXI. A rede eléctrica necesita un mantemento. Entre outras cousas, e postos en plan capitalista, non de servicio público, por el nos cargan cun termo fixo na factura da luz. Tres…

  • Mirando fóra: hoxe, corrupción

    De súpeto remato de atoparme un correo da Open Knowledge Foundation España ó partir do que chego a unha nova web interesante  neste mundo da apertura de datos en España: o ‘repositorio de datos sobre procesos de corrupción‘ do Consello Xeral do Poder Xudicial. Despois dunha primeira ollada, coido que os datos son máis ben…

  • Se segue sendo normal: cortes de luz

    Lembro un pouco a cousa, que podedes seguir nas entradas anteriores: Co hashtag #‎cortesdeluzRibadeo, levo unha tempada tomando nota de ‘novas’ de cortes de luz en Ribadeo. Segue sen ser moita a xente que vai apuntado, pero é abonda para ter unha pequena ristra que vou actualizando cada pouco e que nos útlimos tempos inclúe:…

  • Dise Sicixia

    Sicixia é o aliñamento de corpos celestes. Algo que o director da película, Ignacio Vilar (Pradolongo, Vilamor, A esmorga…) tenta reproducir a escala humana nun film que resulta ser o son, a imaxe e a vida da Costa da Morte plasmada a traverso dunha historia mitolóxica moderna. As sensacións envolven ós personaxes, que loitan como…

  • 450 € por terraza

    De media, cada unha do aproximadamente medio centenar de terrazas (en xeral, zonas de ocuapción de rúa) ocupando as rúas de Ribadeo costará este ano 2017 uns 450 €, supoñendo para o concello uns 23 000 €, segundo dato da prensa de hoxe. Claro que, coa moi diferente ocupación que fai cada local da rúa,…

  • Mirando o paro

    Remato de atoparme con varias infografías sobre o paro. Xa que me deixan, comparto as dúas que coido son mellores: o paro por provincias e por CC.AA. En ambos casos, pode verse pasando o rato por riba as cifras (por defecto) ou as porcentaxes (usando a lapela de ‘porcentaxe’, opción que permite facerse unha mellor…

  • Sorpresa! si?

    PSOE: dous concelleiros na actualidade, neste mandato en Ribadeo. O primeiro, Roberto Ramos, xa dimitiu hai tempo, quedando no seu lugar a terceira da lista, Aurora González. Agora, o segundo da lista, David Fernández, tamén dimite. Co que lle tocaría ó cuarto da lista entrar, Camilo Vázquez. Pero non, nin o cuarto, nin a quinta,…

  • A banda cumpre anos: 25!

    25 anos da presentación da Banda de música de Ribadeo, o 25 de xaneiro de 1992 na igrexa de Santa María do Campo… e un longo recorrido dende aquela na historia da música en Ribadeo, e de moitos ribadenses! O cartel e o libriño da presentación, ó grande, como a ilusión que levábamos! Para ver…

  • O Tesón: convocatoria

    Por se non se ve ben a imaxe: Pola presente, convócase a tódolos socios de O Tesón á asamblea xeral ordinaria que terá lugar no salón de actos da Casa do Mar o día 4 de febreiro de 2017, sábado, ás 20:00 horas en segunda convocatoria (ás 19:30 en primeira convocatoria, que previsiblemente non se…

  • Agresión machista con subtítulo

    Imaxe (recortada) de wikiHow O primeiro que me atopo ó mirar o xornal esta mañá: a nova dunha agresión machista en Ribadeo. Na rúa, sábado pola noite. Polo que parece, xa está sendo investigado despois de ser identificado o mozo. Ata aquí, por desgraza, algo ó que xa estamos afeitos, ‘normal’. O que xa non…