Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.322 posts
30 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • ESCUDO DA QUINTA DA VILAVELLA. Francisco José Campos Dorado

    Este magnífico escudo de armas, único no Concello de Ribadeo polo seu deseño: cuadrilongo, apuntado en xefe, redondeado en punta e ensanchado na parte superior, característica dos escudos de estilo inglés (Heráldica y Derecho Nobiliario, Instituto Luís de Salazar y Castro -C.S.I.C.-, Hidalguía, Madrid 1961, páx.113), estaba situado antigamente na fachada da casa da Quinta…

  • Mirando Ribadeo con outros ollos. Educar a mirada

    Pregúntalle a 10 persoas menores de 20 anos onde está a Fonte Cavada. Ou a Rúa dos Fornos. Ou a rúa da Muralla. Ó mellor coñecen máis as Ramblas ou a Porta do Sol. Por se con iso non te queda claro, pregúntalle se desfrutan paseando por Ribadeo, vendo os seus detalles. É posible que…

  • Nova ferida na illa Pancha

      Foto cedida por Suso Fernández     A escavadora facendo traballos na illa, fóra do edificio? Permitida? Que nós saibamos, non. Zona Natura e diversas proteccións, fóra. A Porta? Non ten importancia. O peche da Illa? Culpa de ‘Por Nuestro faro’, claro, incluído todo o tempo que leva cerrado dende hai anos. A illa ‘non…

  • Movemento no porto de Ribadeo

    Este artigo comeceino a escribir hai tempo (en decembro de 2016) por iso algunha cousa pode soar rara lida meses despois. E iso, aínda que as súas raíces están abondo máis aló, por exemplo no 2009…) Aínda non rematou o ano, pero xa se están a botar contas de movemento, por exemplo, do porto de…

  • O comezo da historia de Ribadeo en internet

       O outro día pedíronme o correo electrónico  para unha xestión. A outra persoa quedou sorprendida porque no correo que lle din aparece o 2001. Non lle expliquei que antes desa data xa tivera outras contas de correo, pero quedeime pensando sobre a chegada de internet a Ribadeo.     Hai unha parte, anterior á web,…

  • Tres momentos dunha porta que cerca un ben común

    1.Ata novembro 2016. Xa estaba a illa cercada, mais aínda quecaba a ilusión de que era de todos: 2.Co comezo da privatización… Rompendo a porta, rompendo a illa (novembro 2016): … é que non podía pasar o camión para facer a obra no faro, e nas pequenas cousas (ou nas grandes) debe primar o ‘progreso’…

  • Asemblea de O Tesón 20170204

    Corto e pego o borrador da acta da última asemblea de O Tesón: Asemblea Xeral ordinaria da Asociación de Veciños O Tesón Salón de Actos Casa do Mar, 20170204, 20:00, con asistencia de 6 socios. Ó estar a asociación nunha situación previa á súa disolución, a orde do día consta de un único punto: 1.Futuro…

  • Borrow en A Mariña. Artigo de Pablo Mosquera lembrando unha vella viaxe

    Cuenta George Borrow que tras estar en Corcubión, pasando por Compostela, emprende el camino desde Galicia hacia Asturias. A pesar de marearse, descubre la magia de cruzar rías con embarcaciones a remo, mientras la tripulación canta en gallego; y así hasta llegar a Ferrol. Le duele la ruina de aquella ciudad- tras el desastre de…

  • Por boca do alcalde. Por nuestro faro

    Grazas, sr. alcalde, por facilitarnos o traballo. A alcaldía fixo pública o pasado día 23 unha nota de prensa que asumimos plenamente e lle pedimos que lea como se fora dirixida por nós para vde. Para facilitarlle o traballo, fixemos algúns comentarios: “Eu quero falar das inxustizas e do desamparo ao que moitas veces os…

  • Concentrados á beira da ría de Ribadeo

    Si, concentrados. De ‘campo de concentración’. En Arnao. Cheguei polas redes sociais hai uns días a unha vella publicación de ‘La Nueva España’, “Arnao, el campo de concentración donde se conocieron los padres de Javier Fernández”, accesible de xeito doado en internet.  Coido que salvo polo consciente e reiterado cambio de nome á ría, marchamo…