Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.425 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Mirando dende Galicia, a ver se ves o mesmo ca min

    Deixo embaixo a toma de pantalla dos prezos de dominios de internet dunha empresa (Dinahosting, pero foi casualidade, podería ser outra). E, para corroborar que non é a única na que como mínimo debo dicir que noto ‘algo raro’, deixo embaixo dela outra toma de pantalla posterior (esta vez de Dondominio): (enriba, Dinahosting, embaixo, Dondominio)…

  • Movemento do porto de Ribadeo: actualizando

    Despois da entrada do día 11 do mes pasado sobre o movemento do porto de Ribadeo, ten chegada unha nova entrega de dados portuarios, esta vez sobre o mes de xaneiro. Serían, segundo os xornais (e suponse que segundo a correspondente nota de prensa -ver máis abaixo-), 37 500 Tm estibadas no porto comercial de…

  • Pasando o antroido na illa Pancha

    Mentras na vila resoa o antroido, na illa Pancha hai outro tipo de antroido: o que infrinxe a norma para facer o que lle peta. A falla de seguridade permite estas cousas (atención ó xeito de paso) A mostra, nas fotos e vídeos: Á carreira pola illa:   A verxa ‘de seguridade’: (a partir de…

  • Parece que o concello comeza a moverse (aínda que sexa de xeito indirecto)

    Hoxe hai unha nova na sección de novas do concello. Reprodúzoa de xeito completo, lembrando que é liberada cunha semana de retraso en relación ó ditame recibido por ‘Por nuestro faro’: O DEFENSOR BOTA EN FALLA INFORMACIÓN MEDIOAMBIENTAL Faro da Illa Pancha 27/02/2017 O Concello ven de dirixirse á Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao e á…

  • ESCUDOS DO ALTAR MAIOR DE SANTA MARIA DO CAMPO. Francisco José Campos Dorado

    Escudos do retablo maior Para facilitarnos a mellor comprensión dos escudos e brasóns que se contemplan no conxunto da ábsida da Igrexa Parroquial de Santa María do Campo de Ribadeo, imos empezar por ler a laude (pedra cunha inscrición) que se encontra sobre o sepulcro sinistro (foto infra) segundo miramos cara o Altar Maior: “TODA…

  • Ah! Se xa pasou! Claro, estamos no antroido…

    Onte foi polo día de Rosalía. Foi que? Foi… o que fora. E si, houbo movida. Nos centros educativos, algunha nova na prensa… Mais que Galicia está a desgaleguizarse é algo que se palpa nos actos convocados e a participación que acadan. Claro que non é só que se estea a desgaleguizar. Pero isa é…

  • Hai vinte anos, a lei xa non se cumpría

       E daqueles tempos a hoxe, o refinamento do incumprimento vai a maiores. Agora, facer a lei a medida, e se non hai tempo, cambiar a fiscales ou xuíces se non sae ‘a devolver’ é algo que estase convertindo en normal. Normal de norma de quen o fai porque llo permitimos. Todos. E se sae…

  • 13 millóns de euros de Ribadeo para os bancos

    Esas son as contas: 1300 €/habitante, e Ribadeo ten, en números redondos, 10000 habitantes… E as contas saen de dividir o custe ‘actual’ (pode aumentar aínda) do rescate bancario, 60 700 000 000 € (tamén redondeando, claro…) entre o número de persoas con documentación española (uns 46,7 millóns). O ‘rescate’ non era un rescate, senón…

  • Protección do faro. Nota de prensa sobre a actualidade da illa Pancha

    Colectivo ‘Por Nuestro Faro’ Nota de prensa 20170221 O pasado 16 de febreiro o colectivo “Por Nuestro Faro” recibiu a resposta do Defensor del Pueblo á queixa presentada hai sete meses. Subliñar que a Valedora do Pobo Galego inhibiuse da cuestión en favor do Defensor del Pueblo. O texto íntegro do informe recibido do Defensor…

  • Ribadeo e Varoufakis

    Que eu saiba, Varoufakis non estivo nunca en Ribadeo, nin dixo nunca nada sobre o noso pobo. Nomeándoo. Porque sen nomealo, non é xa a primeira vez que as súas verbas lle afectan. Nunha última tribuna de opinión, xunto con Benoît Hamon, onde lle pregunta a Draghi, xefe do Banco Central Europeo, de que ten…