-
A lagoa Cascos, revisitada
A conta dunha información que coido que rematou nunha denuncia ó Seprona, sobre unha mancha de aceite na charca próxima ás catedrais, e por confusion miña, achegueime á lagoa Cascos, o oco deixado en Meirengos, no camiño descarrilado cara a piscifactoría de Rinlo. Nestes días está con auga, patos , gaivotas… despois de…
-
Peprich
Unha nota de prensa de onte, que deixo embaixo, da que se fan eco os xornais de hoxe, da conta dun fito no PEPRICH de Ribadeo. Coido que o primeiro é deixar claro que é o PEPRICH: Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Conxunto Histórico. Enténdese que algo así como un PXOM máis…
-
Habitudes
Xa estamos afeitos: en múltiples formas, é normal un proceso que pode resumirse en coller un ben público, non mantelo como é necesario, dicir que o sistema non funciona, pasarllo aínda en bo estado ou con subvención a mans privadas, e que o capital privado saque lucro do servizo cun encarecemento con aumento da…
-
O río Grande, desconfederado, e outras curiosidades
É só unha curiosidade: o río Grande, se se visitan os mapas correspondentes a Confederación Hidrográfica Galica Costa (CHGC, nota sobre aviso legal) e Confederación Hidrográfica do Cantábrico (CHC, nota sobre aviso legal), queda en terra de ninguén. Ó igual que a costa oeste da ría de Ribadeo, incluído o mesmo núcleo urbano de Ribadeo…
-
Lembrando o inverno (que aínda non rematou)
Nun día non cálido, pero tranquilo, suave de aire como hoxe, unha lembranza dun día diferente deste mesmo inverno con fotos da ría. A bocana da ría, imposible para o tránsito mariño. As Carrallas, co faro azotado polas ondas despeinadas polo vento. A illa Pancha, símbolo fronte ó mar.
-
Imaxes libres da illa Pancha (e moitos outros lugares ou asuntos)
As imaxes que levo publicadas no blog, salvo aviso en contra, teñen a licenza creative commons atribución-non comercial-compartir igual 3.0. Do faro van unhas cantas. Agora atopei un lugar onde procurar imaxes con licenza semellante, da Pancha ou do que se queira. Hai millóns. E, polo que puiden ver, outras moitas que son e non…
-
Eloxio de… de?
‘Eloxian o impacto económico dos dous portos en Ribadeo’ era o título dunha nova de onte. Desas novas que era de onte, pero xa non de hoxe, de non ser polas circunstancias, que tenden a facer dela unha nova intemporal. O primeiro, a foto. O presidente de Portos de Galicia, Juan José Durán, está acompañado,…
-
O DEREITO Ó PÚBLICO
Nos derradeiros días temos asistido a unha avalancha de publicidade en tódolos medios, destinada a insistir na inminencia dun hotel que leva sendo inminente dende hai dous anos. Esta morea de vídeos, artigos, especiais adicados á reconversión hoteleira dos faros españois e a asocialos á idea de progreso e confort, intervén no momento no…
-
Destruíndo patrimonio no 2001, en Ribadeo
A destrución de patrimonio non é cousa de agora. En particular, en Ribadeo. Remato de atopar un artigo vello, do blog ‘Destrucción do Patrimonio en Galicia dende o 2000 ata o 2003‘ referido a obras no 2001, que lembra unha historia que non se subsanou. Deixo unha adaptación ó galego, acompañada da foto anterior,…
-
Adeus, España! Benvida, Marca España!
Aínda non me recuperei do susto de que onte, El Rey presente, foran nomeados embaixadores honorarios da marca España. Si, si, da Marca España, non de España. Traducido, embaixadores do nome comercial e produto dunha suposta empresa España. De xeito oficial, aínda que, polo momento, honorarios. Aínda non, pero como se xa tivera sido así…