Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.322 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Casas de indianos en Ribadeo

    Casa do Óptico e cuartel vello, dúas casas de indianos Hai case dez anos, despois dunha charla de Ernesto Cruzado, fun metendo algunha foto e datos de casas de indianos do núcleo urbano de Ribadeo. Chegou o momento de retomar o xa feito para actualizalo e amplialo, e como primeiro paso (que a cousa irá…

  • DECLARACION DO COLECTIVO POR NUESTRO FARO SOBRE UN PLENO DO CONCELLO

       No pleno do concello do pasado xoves, 23 de Marzo, o Grupo Municipal Socialista presentou unha moción, por trámite de urxencia, propoñendo a paralización das obras do hotel de duas suites na Illa Pancha. A urxencia foi desestimada pola abstención do BNG, PP e Ciudadanos, votando só a favor as duas concelleiras do PSOE.…

  • ESCUDO DA CAPELA DA VIRXE DAS DORES de SANTA MARÍA DO CAMPO. Francisco José Campos Dorado

       Na Igrexa Parroquial de Santa María do Campo de Ribadeo, á man esquerda da ábsida do altar maior, atópase a capela da Virxe das Dores. Pasada a porta enrellada, a man sinistra está pendurado na parede este elegante Escudo de Armas, de bordes desiguais, posiblemente, pertencente o padroado desta capela.    Introducimos, na redacción…

  • A ‘idade de ouro’ da banca en Ribadeo

    Quero eliminar un vello blog no que deixei de publicar hai tempo, ‘Ribadeo historia‘. Como paso previo, necesitro ir pasando os datos para conservalos. Esta foi a última entrada, do 24/10/2010:  Deixo a copia dunha entrada collida en Google do libro ‘La actividad bancaria en Galicia: desde el catastro del Marqués de la Ensenada a…

  • Papá, ven en tren

    A foto da imaxe non corresponde á actual liña de FEVE Ferrol-Ribadeo. A xuntanza que van ter mañá diversos alcaldes que teñen formado unha plataforma da que non forma parte polo momento Ribadeo, si ten relación co mal estado do material rodante, supresión de servizos e ninguneo da liña por parte da xestora de infrastruturas.…

  • SENTENZA DA SUBESTACION ELECTRICA. Evaristo Lombardero Rico, 22/3/2013

       Nos próximos días vaise coñecer a sentenza do contencioso administrativo promovido polos veciños de Piñeira contra a ubicación da subestación eléctrica promovida BEGASA- EON ca colaboura do Concello de Ribadeo, a Consellería de Industria e a sociedade SEPES que o día 31 de xullo de 2008 asinaron un convenio, sen que houbese nengunha documentación…

  • Minucias (cales, unhas ou as outras?)

    Vexo hoxe no xornal que hai en marcha un expediente para impoñer unha multa de 2000 € a un club de alterne no concello de Ribadeo. Polos datos, queda claro que é o que hai á entrada da desviación de Rinlo. E esa é a nova: unha multa de 2000 € por incumprimento da lei…

  • Nove puntos e tres mocións: pleno

    20170323, xoves, 20.30 da noite, salón de plenos, 17 concelleiros, o persoal técnico do concello, 22 persoas de público e dous reporteiros. Pleno. Entre o público, dúas monxas (da congregación que leva o hospital asilo), un técnico do concello, tres persoas relacionadas co accidente do Alvia, tres persoas do PSOE, algún casual e o resto,…

  • Hoxe hai pleno (aínda que a información del estea baleira)

    Hoxe hai pleno. Di a prensa que ás 20:30 [, cando o normal ata o de agora é que se celebren ás 20:00, pero] é a referencia que teño: a estas alturas, o mesmo día a primeira hora da mañá, non hai nada colgado na páxina do concello. /Nota: rematan de confirmarme a hora: 20:30/…

  • Moción sobre o deixar facer un hotel na illa Pancha (PSOE, 20170316)

    A semana pasada, o grupo municipal socialista presentou unha moción para ser levada ó pleno que se pretende para mañá xoves, ás 20:30 horas. Temos entendido que non se levará, co que a única alternativa para tratala en data próxima (en caso de que faigan así) será solicitar o metela de urxencia. Algo que o…