Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.425 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • A puntuación do Ribadeo FC (actualización)

    Despois de deixar hoxe mesmo, pola mañá, colgado o artigo ‘A puntuación do Ribadeo FC‘, tivo lugar o encotro co Sada no Pepe Barrera. Unha victoria que esixe a actualización do post. Comezo por actualizar o gráfico e a táboa: Pouco máis que dicir que o xa apuntado no post anterior. Mais, a falta de…

  • A puntuación do Ribadeo FC

    Hoxe, ás 5 da tarde, terá lugar o enfrontamento entre o Ribadeo FC e o Sporting Sada no Pepe Barrera. Coido que é a primeira vez que falo de fútbol nos máis de 5000 post que levo no blog, erpo é que procurando outra cousa, cheguei a que non hai unha gráfica que represente a…

  • A conto da poboación de Ribadeo

    Días pasados, a raíz da publicación de novos datos estatísticos polas entidades que se encargan desas cousas, a prensa ten publicado sobre a media de idade de diversos concellos da provincia, e, de xeito independiente, de España. Resulta que a media de idade española está a subir, e dentro da provincia, despois de Burela e…

  • Escrito do colectivo “Por Nuestro Faro” ao Alcalde de Ribadeo

    Licenza de apertura e promesa incumprida por parte do Concello do acceso público; documento de Puertos (o a súa ausencia) que xustifique o peche ata o de agora da illa; variación de hotel a apartamentos e as súas implicacións legais… A tramitación segue chea de furados, así como as actitudes dos “implicados”… O escrito a…

  • Os Aventados: 20 anos cazando o vento da cultura

    Di o tango de Carlitos Gardel, interpretado por Eugenio Del Valle que “veinte años no son nada…”. Pero dende 1997 teñen pasado unhas cuantas primaveras e moitos compañeiros/as de singladura na procura do Vélaro de Ouro, que para nós sempre será o patrimonio histórico-cultural-ecolóxico da nosa fermosa Britonia. Aqueles Aventados que viñeron de Euskadi: O…

  • Fáigase a luz! … e amenceu. O secuestro eléctrico de Ribadeo

    De traca. Unha burla. Tómannos polo pito do sereno. Son só algunhas das frases cualificativas do desleixo no que as compañías elećtricas teñen a Ribadeo. Na entrada de onte, cando a din podido publicar, ten a referencia dalgúns cortes arredor das 8 da mañá, pero seguíronse a producir pola mañá (como di a nota do…

  • Revolución máis que conmemoración

    7:39, 7:41, 7:45… tres cortes de luz e a conexión a internet desapareceu dende o primeiro e non se recuperou. Tampouco o teléfono fixo. E sei que afecta a toda a zona, ao menos coa empresa coa que teño o contrato, porque chamei e comprobei. Tempo perdido, corte no traballo que estaba a facer… e…

  • Reseña de dúas actividades conectadas: roteiro a partir da illa Pancha e presentación de BirdFlyway

    Hai uns días deixei a convocatoria das dúas actividades, promovidas por ‘Por Nuestro Faro‘ e agora paso a deixar un breve resume do acontecido nas mesmas. A primeira realizada, venres 21 de abril ó anoitecer (dous días antes do día do libro, hoxe), na casa das letras, foi a presentación de BirdFlyway, libro de Antonio…

  • #cortesdeluzRibadeo a partir de 20170421

    Comezando unha nova relación de #cortesdeluzRibadeo 20170421 23:25 corte de luz de cousa de un minuto e microcorte a continuación. Cara ás dez houbo outro de varios segundos na mesma zona, catro calles 23:00 e ao menos outras dez veces esa noite, a diversas horas. Zona: Piñeira 20170424 14.00 (aprox, hora de comezo) + de dúas…

  • A historia dos cortes de luz en Ribadeo #cortesdeluzRibadeo

    20170421 23:25 corte de luz de cousa de un minuto e microcorte a continuación. Cara ás dez houbo outro de varios segundos na mesma zona, catro calles, que se sentiu na presentación de BirdFlyway. Ata o de agora, o último do que teño referencia. Algo que non é moito, tendo en conta que pasaron oito…