Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.321 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Arredor da estrada ‘no porto’

    Onte a alcaldía liberou unha nota de prensa dicindo que a estrada que evita Mirasol (non ‘no porto’ como pon a nota no título, e que eu copio) seguirá cortada. Aproveita para dicir que ‘neste tema’ están a partir un piñon, o xefe de portos e o alcalde. Mais, hai uns días, aparecía neste blog…

  • Telenovela Pancha

    Estes días, a Pancha está no candeleiro. Hoxe, de novo, noticias de que, ante a insistencia dos medios pedindo información, dende a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, a delegación de Puertos que ten mando sobre o asunto, liberaron unha nota de prensa. Nota que non está na súa web, seguindo así coa tradicional opacidade á…

  • Carta a un gran Mindoniense

    Imaxe de José Mª Rodríguez, cabeceira do seu blog    José María Rodríguez Díaz nunca nos dejará. Creo en la inmortalidad del espíritu. Creo en la huella imborrable que dejan las obras de personas dedicadas a investigar, divulgar y promover hechos que conforman legado socio cultural para mejor gloria de nuestra identidad como pueblo y…

  • ESCUDO DE ARMAS DA CAPELA DE SAN ANTONIO E DE SAN JOSÉ DE Sta. MARÍA DO CAMPO. Francisco José Campos Dorado

    Entrando na Igrexa parroquial de Santa María do Campo de Ribadeo, a primeira capela a man dereita é a capela de San Antonio e de San Xosé. Sobre o arco de medio punto está este Escudo de Armas e dúas laudes a ámbolos seus lados, que deben explicar as cláusulas e gravames que deixou establecidos…

  • Un comentario propio e unha nota de prensa do concello, coa Pancha ó fondo

    Portada do Concello de Ribadeo no Facebook, hoxe.     Onte tivemos unha pequena xuntanza algúns dos membros que participamos en Por Nuestro Faro. As novas que van saíndo nos xornais en resposta á nova actitude do concello, na que comezamos a recoñecernos, anímannos. Recibimos asemade ánimos na rúa, de xente que caladiñamente estivo ó noso…

  • Complementado a nova desta mañá sobre a marcha reivindicativa do ferrocarril mineiro

    Complementado a nova desta mañá sobre a marcha reivindicativa do ferrocarril mineiro, deixo dous apuntes dun blog que aínda segue a funcionar, mesmo cando está destinado a desaparecer en non moito tempo: http://prensa-ribadeo.blogspot.com.es/2008/09/20080816-sobre-rota-do-tren-mineiro.html 20080816 sobre a rota do tren mineiro COSTAS DESTINA 150.000 EUROS Á REDACCIÓN DO PROXECTO PARA A RECUPERACIÓN DA RUTA DO TREN…

  • Ampliando a vía verde do ferrocarril mineiro

    Alcaldes en acto protocolario Onte un grupo numeroso de xente reuniuse para recorrer a ruta do ferrocarril. Que cambiou en relación a outras veces? A convocatoria, feita polo grupo Albións de A Pontenova, foi a correspondente á décima edición das andainas anuais que organiza o grupo. Ben organizada, como soen, era a primeira vez que…

  • Aproveitaches a pasar por Mirasol?

    Onte pola tarde, sábado, pasei por Mirasol. Sen garda, sen barreira, tomeino como unha facilidade alternativa destes días deferencia de Portos de Galicia por estar cortado o paso da vía que baixa dende o paseo marítimo e continúa cara a Vila Vella entroncar co que antes foi N-642, a raíz dun derrumbe a semana pasada.…

  • Arredor dunha suposta entelequia

    Onte chegou ata min unha nova pola que o alcalde de Ribadeo, falando en relación coa illa Pancha, dicía, referíndose ó grupo ‘Por Nuestro Faro’, “medio entelequia, ou non sei ben o que é, de afectados“. Ó respecto, como membro do grupo (que non portavoz) coido que é convinte aclarar algunha cousa: 1.Cremos que afectados…

  • Eleccións municipais en Ribadeo? Dous puntos de lembranza

    Estamos a ‘medio mandato’, que dirían por aí. Un motivo máis para exercer unha actvidade que debera ser diaria, a introspección social, seguemento e participación cidadá nos asuntos públicos. Lembroumo hoxe o Facebook, esa ferramenta social que ten influído tanto na política (e segue a facelo! -pero isa é outra historia-). E, repasando, vin varias…