Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.455 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Escrito que remite o Colectivo Por Nuestro faro ao Alcalde de Ribadeo

    Escrito que remite o Colectivo Por Nuestro faro ao Alcalde de Ribadeo.    Sr. Alcalde de Ribadeo    En nome e representación do Colectivo Por Nuestro Faro desexaría transmitirlle as seguintes consideracións:     1.- Dado que as respostas da Autoridade Portuaría, tanto aos requerimentos do Concello de Ribadeo, como ao noso colectivo como ao informe…

  • Pedrógão, antes de despois

    Só unha testemuña gráfica a partir das tomas dos satélites da ESA: antes e despois duns tres días queimándose. As fotos teñen preto de 40 km de alto cada unha. Na de abaixo están visibles as áreas queimadas e o lume activo en diversos focos.

  • Non o entendo. Sobre o camiño en Ribadeo

    Non é serio. E non o entendo a non ser que se lle aplique un criterio exclusivamente económico. E aínda así, coido que é perxudicial. Hai tempo que sei que o camiño de Santiago sofre variacións totalmente interesadas no seu trazado. Pero non lembraba ter visto a evidencia xusto en Ribadeo.  O cartel xa da…

  • ESCUDO DE ARMAS DA CAPELA DA VIRXE DO CAMIÑO DE RIBADEO (PARTICULARIDADES) Francisco José Campos Dorado

    Facía o artigo do Escudo da Capela de San Lázaro e observaba por enésima vez o escudo da Virxe do Camiño (foto supra) cun “programa fotográfico de brillos e contrastes”, e ademais de ver a chave en pau (vertical) e as ondas de auga, Armas primitivas de Ribadeo explicadas desde sempre en tódolos relatorios, pareceume…

  • Unha placa en feminino

    Só unhas verbas para poñer a imaxe que se descubrirá esta tarde: a placa de recoñecmento a Manuela Barreiro Pico como primeira licenciada en farmacia de Galicia, no lugar onde unha muller rexentou por primeira vez unha farmacia en España.

  • Asasinato de muller

    Os asasinatos de mulleres en razón de insubmisión ó home correspondente veñen de lonxe. Fixéronse visibles co cambio de mentalidade e están lonxe de desaparecer. Esa é a realidade. Hoxe lerase no concello o seguinte manifesto: MANIFESTO 19X Alerta Feminista “No que vai de ano son 31 as mulleres asasinadas pola violencia machista que tamén…

  • Manuela Barreiro Pico, celebrada

    Procura na wikipedia Manuela Barreiro Pico. Dende onte, xa podes. É a miña contribución á homenaxe que hoxe, luns, ás sete e media da tarde, no Cabás, terá lugar á farmacéutica ribadense (aínda que nacera en Viveiro). Espero que o artigo medre, mais xa deu os seus primeiros pasos grazas a esta homenaxe, e estou…

  • Nota de prensa do colectivo Por Nuestro Faro (20170614)

    Foto de Suso Fernández. Illa iluminada de noite a fin de semana pasada.    Nas últimas semanas asistimos a unha riola de comentarios e declaracións contradictorias que deixan unha estela esborrallada que so aporta confusión.    En primeiro lugar temos a resposta da Autoridade Portuaria que, despois de catro meses, sigue a navegar por un…

  • Macrocorte de luz

    Normalmente son microcortes. Na práctica, tódolos días, aínda que non estean sinalados nos listados que os van acumulando no blog. Ás veces, multirepetidos, e algún cunha duración algo máis longa. A tolerancia das compañías eléctricas é abondo diferente fronte a estes cortes e ó manexo da factura da luz. Aínda que ambas vaian en aumento.…

  • Alcaldía de Ribadeo e idade: un gráfico

    Polo momento está incompleto, pero xa é indicativo. A idea xurdiume despois de ver onte un artigo sobre o aumento de idade dos alcaldes a medida que se ía afastando o tempo da proclamación da Constitución Española, é dicir, do aumento da media de idade coa ‘consolidación da democracia’. Quixen comprobar se en Ribadeo pasaba…