Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.424 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Unha mirada á pasta

    Hai uns días, alguén me fixo chegar unha ligazón a “All of the World’s Money and Markets in One Visualization” (Todos os cartos do mundo e mercados, nunha visión). Coñecía máis ou menos as cifras, pero aínda así ó chegar ó final dos gráficos quedei en shock. Presento dúas capturas de pantalla. A primeira, do…

  • Estipulacións do convenio ENCE-Portos de Galicia

        Despois de ter pubicado hoxe mesmo ‘Aireando unha noticia: ENCE, FeVE e a alternativa a Mirasol‘, como complemento transcribo -e logo comento- dende Praza.gal a imaxe das estipulacións do convenio (p.2 do mesmo), incluídas erratas, e sen incluír o selo de portos de Galicia/Porto de Ribadeo de 6 de marzo (de 2011, aínda que…

  • Aireando unha noticia: Ence, FeVE e a alternativa a Mirasol

    Chegoume hai tres días, e esperei a vela nos xornais que por Ribadeo teñen máis tirada, ou na radio… pero xa pasaron uns cantos días, e nada. A fonte é praza, (con fonte primaria o BOE)e o título é descritivo: “O Tribunal de Cuentas desmonta a operación coa que Ence logrou que a Xunta lle…

  • 7 de decembro? Xa chegou o Nadal a Ribadeo

    O de que é o Nadal, iso xa é fariña doutro costal. Alumedado, Mercado, Pista de xeo… os atributos que se foi colgando o Nadal ribadense xa están preparados ou funcionando, e as vendas e a ocupación hostaleira, eses outros atributos procurados, parece que tamén van. Será pois cousa de redefinir o Nadal. Ó cabo,…

  • O seis de decembro non é o día da Constitución máis que no nome

    Alguén celebra o día que foi feita a ‘Pepa‘, a primeira Constitución española? E as seguintes? Pois a Constitución que se celebra este día 6 de decembro xa foi desconstituída ( máis de incumprida nos artigos 1, 14, 16, 20, 31, 35, 47, 48, 50, 51… como podes ver en ’10 artículos de la Constitución…

  • Programa do Mercado de Nadal 2017

  • Canapés

    O canapés chaman a atención. Máis ós que chegan de fóra de Ribadeo que ós propios, Hai tempo adiquei un par de entradas á zona. A primeira, aló polo 2013, relacionada coas obras do parque infantil que hoxe segue na zona, e onde se podían ver en foto aerea as estruturas dos canapés. A segunda,…

  • Iniciativas de desinteresado interese

    Un xornal de amplia tirada e máis amplia subvención directa e indirecta en Galicia vai contratar ós presidentes galego e asturiano para debatir sobre infraestructuras, crise demográfica e modelo de Estado e financiamento. É claro anunciando que quen paga será un bondadoso banco recentemente trasladado de Cataluña a Madrid, e no aviso deixa caer pinceladas…

  • Animación, historia, oportunidades…

    Animación, historia, oportunidades… entre outras cousas era o que hoxe podía sentirse no mercadiño da AECC na rúa Ramón González -na antiga Divafruit-, edición 2017 dun tradicional ribadense. Deixo algunha foto (escaparate  e parte do interior) e un par de curiosidades que atopei alí.

  • Ribadeo, o pobo máis perxudicado pola falta de tren

    De novo volve a ser noticia a liña Ferrol-Xixón. A liña de tren que atravesa a Mariña, que agora xestiona Renfe pero que segue a ser coñecida como FEVE leva unha boa tempada dando que falar. E nunca para ben. Desta, a nova é repe, pois que o xoves se suspenderan oito servizos por falta…