Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.317 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Tres mañás dun 26 de maio

    Hoxe, 26 de maio, Ribadeo. Estaban previstos tres actos. A descoberta dunha placa na casa de Carlos A. Fernández Cid, Degustación gratuíta e outras cousas no mercado para celebrar o día dos mercados e unha concentración de pensionistas. A máis doutras cousas persoais, claro. Quedaba a opción de ir de romaría polas actividades, pero non,…

  • Un sábado para guardar. Pablo Mosquera

    Se puede guardar un libro, un poema escrito sobre un papel, las hojas de una camelia, fotos antiguas y cartas amarillentas por el paso del tiempo. Los recuerdos como los sonidos se guardan en algún lugar de nuestro sistema nervioso central, que estudiaron Cajal y Fernando de Castro. Al primero le concedieron el Premio Nobel,…

  • Por fin, o anuncio de que o Vilar será conectado para peóns

    Hai anos que O Tesón o pediu e que no blog se expuxo a necesidade. Agora o concello prepara a licitación que fará posible ós peóns o chegar á zona do Vilar e en xeral, á Avenida Ría de Ribadeo, a antiga estrada nacional, cedida dende hai anos ó concello. O anuncio está feito. Agora,…

  • Decisión dos votantes de En Marea: a muller do César non só ten que ser honrada, senón que ten que parecelo.

  • Hoxe, 20180524, pleno

    Non o procures na web do concello. Tes que ir alí e mirar entre os múltiples papeis diversos  para atopar a convocatoria. Unha convocatoria que inclúe a aprobación de dúas actas, unha expropiación forzosa en Ove para un depósito de auga e outra nas Aceas para o paseo peonil. A revotación cunha variación mínima do…

  • Dunha obra menor

    Onte, nun santiamén, prepararon un novo corredor na zona do xardín de Sela, pegado á valla do IES. O esquema da obra vai a continuación: En negro, o novo corredor. En azul, a beirarúa que conduce dende o paso de peóns usado polo 90% da xente que vai ó IES ata a entrada do mesmo.…

  • Mapa provisional da circulación de Ribadeo

    Na actualidade, coido que pode ser útil. É cambiante, e seguro que falta algunha restrición, que podes aumentarlle ti, pero para facerse unha idea… Sobre un plano de Open Street Map

  • 26 de maio, convocatoria de manifestación polas pensións

    E, se queres saber máis podes comezar co “¡Qué ganas de hacerles un corte de mangas de cojones y decirles: ‘Pues os jodéis’. (Martínez de Castro secretaria de Estado de Comunicación)” e continuar aprendendo algo sobre a sostibilidade das pensións ou a relación entre pensións de merda e traballos de merda (traballos que, por certo,…

  • Sentidiño nas catedrais

    Co funcionamento actual da protección social cando non ataca ós intereses do poder nin necesita inversión, entraba dentro da lóxica que chegara o que está a pasar: as Catedrais, cerradas.  Si, non están cerradas de todos, senón o cantil e algunha cova. Pero non o están por protección da natureza nin dos humanos (aínda que…

  • Celebrando as letras galegas, unha nota breve

    Hai moito que dicir, comunicar, comentar, describir, falar, opinar, espallar, indagar, escribir, aprender, gozar… moito, e pouco tempo para facelo. Mais hoxe, un paréntese para lembrar o que nos permite facelo: a nosa lingua.