Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.317 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Asociación pro maiores José Mª Rodríguez. A plataforma pro residencia convoca de novo a xuntanza posposta

    Asociación pro maiores José Mª Rodríguez Nota de prensa A plataforma pro residencia convoca de novo a xuntanza posposta Ribadeo, 20200211    A Plataforma pro Residencia de Ribadeo, unha vez amañado o permiso para usar o martes 18 de febreiro pola tarde o salón de actos da Escola de Música, convoca a xuntanza a tódalas…

  • Agremon blog / the galician Pitas page. Pensamentos dixitais / Digital thinking

       Deixo unha ligazón co repositorio onde se atopan os restos do primeiro blog de Ribadeo, abandoado xa hai tempo na publicación pero presente na rede. Agora, a empresa que xestionaba o sitio decidiu discontinualo, e dicir, facer desaparecer tódolos blog que albergaba, e quedan só os seus rastros en Internet Archive. Así, pódese acceder…

  • IN MEMORIAM DOS MORTOS NA PONTE DE ARANTE. Pancho Campos Dorado

    Confluencia do rego de Lexoso e o rego de Arante para constituír o Río Grande. Santuario das Virtudes.   Quixeramos suxerir aos organizadores da Romaría das Cruces, pois despois de asistir algúns anos a tal evento histórico na Capela de Nosa Señora das Virtudes da Ponte de Arante, vemos que logo dos actos da procesión,…

  • Hoxe hai pleno. Queres ir? Entre outras cousas, trátase do orzamento do concello para 2020.

    Coido que non é algo que se pregunte moi a miúdo en Ribadeo. A desconexión da vida ‘pública’ da vida ‘a secas’ pasa de xeito forzado pola desconexión da xente dos asuntos públicos, respondendo só ante o tratamento que fan as institucións dos asuntos privados. Así, a esfera do público e do común, abandóase prducíndose…

  • Unha necesidade cotiá

    Preparándose ás portas do concello de Ribadeo. Foto de Suso Fernández Hai máis de dous anos que os pensionistas veñen organizando actividades mensuais para lembrar que existen e que deben ser tratados con dignidade. Actividades de lembranza de feitos e situacións, así como lúdicas, de xuntanza e entrelazamento de amizade, entremistúrnse con outras reivindicativas duns…

  • Asociación pro maiores José Mª Rodríguez. Notas de prensa sobre unha xuntanza

    Poño a continuación dúas notas de prensa sobre a xuntanza que estaba prevista para este sábado na nova residencia de maiores: A nova: Asociación pro maiores José Mª Rodríguez Nota de prensa Ribadeo, 20200130 – Posposta de xuntanza Tras recibir hoxe, 30 de xaneiro, a resposta do concello á nosa petición de 23 de decembro,…

  • Resposta da fiscalia a Por nuestro Faro: “A illa Pancha debe ter a porta aberta”

    (Nota de prensa de Por Nuestro Faro)   O cartel estivo colocado. Nos últimos días teñense dado algunas novedades importantes respecto da Illa Pancha das que daremos conta de seguido. En primeiro lugar informar de que a semana pasada recibimos resposta da Fiscalía do Xulgado de Mondoñedo á nosa denuncia presentada o 5-7-19. Lémbrese que…

  • Fitur comeza en Ribadeo

    A comezos de Febreiro 2020, en Ribadeo   Si, si, xa sei: FITUR celébrase en Madrid, non en Ribadeo. Oficialmente. Pero o que en Madrid vai amosarse na feira internacional do turismo é cociñado antes nos respectivos lugares de orixe, sexan empresas ou localidades. E non só iso, senón que ten un impacto posterior noutros…

  • Pensando na auga cos pés na terra

      Aló polos 80, o concello de Ribadeo e o centro de Formación Profesional colaboraron de xeito que o principal motivo de iluminación nas festas era un escudo feito no centro. Orgullo para o centro e os alumnos que o fixeron, e aproveitamento tamén por parte do concello. Unha colaboración, como se di agora, win-win…

  • Fágase a Luz

      O pasado sábado Luz Pozo Garza foi declarada filla predilecta de Ribadeo. Non puiden asistir; como compensación engadín algunha cousa á súa xa longa entrada na Galipedia.   En casos semellantes soe haber propaganda de diverso tipo, maiormente institucional, que anima a outra xente máis ou menos próxima a unirse á corrente, resaltando a…