-
Aspecto (provisional) de Sta. Cruz

En Ribadeo, Sta. Cruz é un espazo querido, desfrutado e, ó tempo, non demasiado visitado. Hai uns días (3 de xuño, nota de prensa do concello), dende o concello falaron de obras en Sta. Cruz. Deixo un par de conxuntos de fotos para verificar o estado actual, unha vez comezado o desmeste. A…
-
Pola paz

Di o calendario que unha semana tras un domingo ven outro, en sucesión infinita mentres haxa quen o conte. As concentracións pola paz seguen coa esperanza de que, aínda que sexan en domingo, terán un final porque a paz terase acadado. Deixo a convocatoria de Suso para un domingo máis, este domingo 16…
-
Nota de prensa. PLATAFORMA POLA DEFENSA DO CENTRO DE SAÚDE

O Centro de Saúde de Ribadeo na actualidade, no Google Maps PLATAFORMA POLA DEFENSA DO CENTRO DE SAÚDE Como é sabido o Concello de Ribadeo e a Consellería de sanidade da Xunta de Galicia veñen presentando, dende hai mais de dous anos un proxecto de construir un novo Centro de Saúde en…
-
As eleccións ao Parlamento Europeo. Resume para webs
Aínda sen rematar de facer a serie adicada ás eleccións ao Parlamento Europeo, deixo en dous formatos dous resumes lixeiramente diferentes que fixen para diversos medios, a máis das entrdas xa publicadas e das que actúan a modo de resume: Con gráficas Sen gráficas
-
HISTORIAS CON PENTAGRAMAS (Relatos musicais e ribadenses), por Carlos Álvarez Lebredo

O próximo domingo 16 de xuño de 2024, no Teatro de Ribadeo terá lugar a presentación do libro HISTORIAS CON PENTAGRAMAS (Relatos musicais e ribadenses), de Carlos Álvarez Lebredo. É o seu terceiro libro (ver aquí e aquí) sobre a historia da música, musicoloxía e Ribadeo. Son trinta capítulos independentes. Cada un,…
-
As eleccións ao Parlamento Europeo, por aquí e por aló

Unha comparativa que raramente se ve en relación ás eleccións, neste caso, as eleccións europeas 2024, é a que relaciona as votacións na nosa vila cos resultados a nivel provincial, galego e estatal, incluíndo a ese nivel non só os votos, senón tamén os escanos correspondentes. Velaeiquí a táboa e a gráfica correspondente, tendo…
-
Chiando no verán

Remata de saír o novo número da revista Chío, o especial de verán. A súa web, https://www.chío.com leva unha til, cousa que polo momento non é moi común… como non o é a propia revista. Unha revista, neste número, adicada a Palestina, e onde aparece, xa en portada, unha obra de Caxigueiro como introdución…
-
As eleccións ó Parlamento Europeo 2024 por Vilalba

Rematan de pasar as eleccións ó Parlamento Europeo. O que segue é un resume de resultados en Vilalba, tomado a parte de consideracións a nivel estatal, galego ou mesmo provincial. A primeira imaxe corresponde ós votos obtidos polos partidos que desta volta obtiveron algún, e a súa comparación cos resultados de 2019. Nos…
-
As eleccións ao Parlamento Europeo, por aquí (II)

Como segunda entrega destas eleccións, Eleccións ó Parlamento Europeo 2024, os resultados, collido por xente dun dos partidos e que de seguro teñen algún fallo (que tentarei corrixir máis adiante con datos oficiais detallados), a máis de tomar datos de só seis dos 34 partidos presentados. Iso si, os que sacaron máis número de…
-
As eleccións ao Parlamento Europeo, por aquí.

Comezo (de xeito distendido) unha serie sobre as eleccións, Eleccións ao Parlamento Europeo de 2024, que están a celebrarse hoxe. Continuará noutros días, mais agora, coido que é interesante coñecer -sinxelamente iso, coñecer- as papeletas dos diferentes partidos e Coaligamentos que se presentan. Só son 34… Van por orde alfabética do seu título, teñan…
