Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.422 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Ribadeo : licenzas á carta

    Ribadeo e a Illa Pancha nun mapa de 1880   Nota de prensa de Por Nuestro Faro Ribadeo : licenzas á carta    O concello de Ribadeo ven de dar unha nova versión do procedemento de concesión de licenzas que contradí abertamente as reiteradas declaracións, respecto das licenzas concedidas para os apartamentos e o novo…

  • Concentración de pensionistas. E van…

       O sábado 7 tivo lugar unha nova concentración de pensionistas en Ribadeo, como tódolos sábados dende hai máis de dous anos (excepto os afectados polo confinamento). Foi no Cantón, ás 12, coma sempre, e deixo en baixo unha foto de Suso Fernández, recortada, e a declaración que se leu. Os asistentes quedaron convocados xa…

  • As notas de prensa do concello de Ribadeo tamén sentiron o COVID

       As notas de prensa do concello tamén sentiron o COVID, non só pola temática, senón polo confinamento. Seguindo o camiño de veces anteriores (a anterior, ‘Unha nota do concello de Ribadeo por cada día do ano‘, xa de 2016), continúo a acumular datos sobre elas. Así, deixo abaixo varias gráficas. E mentres, hai que…

  • Tormenta eléctrica sobre Ribadeo

    Xa anoitecido, onte houbo unha tormenta eléctrica que, cando a vin, estendíase dende a zona de Trabada a Reinante. Aquí queda algunha captura de relampos coa ponte dos Santos e Ribadeo en primeiro plano. Naturalmente, as imaxes do vídeo non dan fe da grandiosidade observada a ollo nu dende a outra beira da ría. Os…

  • TODOS LOS SANTOS. Diario de un confinado en Olavide. Ángel Alda

    TODOS LOS SANTOS     6 de noviembre de 2020     Hemos celebrado el Día de los Muertos, como titulan en México, en confinamiento. Soy de una generación que ha vivido desde niño el significado de ese día. Hoy creo que no se lleva a los niños a visitar cementerios. Entonces sí. El día estaba impregnado…

  • Se te ditan o que tes que facer, perdes

       Se te ditan o que tes que facer, perdes. Foi o que se me viu á cabeza hai uns días cando escoite dos contedores queimados en Ribadeo. Resulta que o primeiro que se pediu despois de que os queimaran foi cámaras de vixiancia. É dicir, reacción de control de todos. Reacción, non acción preventiva.…

  • Os envellecementos, Galicia

    Si, Galicia está a envellecer. Iso din os números das estatísticas. E o envellecemento mesmo parece acelerarse a medida que se mantén a taxa reprodutiva á baixa no longo prazo. Pode discutirse se o envellecemento poboacional é bo ou malo, pero non ten sentido facelo de xeito absoluto, pois é algo relativo. Si, moita xente,…

  • Estatísticas

       Remato de ver a estatística. Un pouco antes das oito da mañá somos no mundo 7 822 868 455 persoas. Volvo mirar. Xa non, o contador xa vai en 7 822 868 570 persoas. Cando vexas isto, seguro que os números son moi diferentes, mesmo incluída a unidade de millón. Os datos son, naturalmente,…

  • Un caso

    Terceira idade. Fiestra viva. Galicia (Spain) Lic CCBYSA 2.0 Edward Morgan, Galipedia.    Unha persoa maior, muller, unha presunta estafa… está ben da cabeza? Son os elementos do caso. Vaiamos ós pormenores.    Vaia por diante que escribo a partir dunha conversa cazada ó azar e posterior consulta a un dos contertulios, sen tomar nota…

  • 61 días para fin de ano

    Ano malfadado… Os paxaros pían e constrúen o seu canto no xogo de luces e sombras sobre Santa Cruz. Día claro e tranquilo no monte, un privilexio de xubilado en condicións de subir a pé a gozar mesmo dun café. Chegan os ecos da pandemia na radio lonxe, nos xornais á beira, nas redes sociais…