-
12 anos do equipo Galicia xogando en chess.com
Hoxe por hoxe xógase ó xadrez abondo máis por internet que de xeito directo. O certo é que non teño unha fonte de datos con números fiables para apoiar o que digo, pero polo que coñezo despois de ter xogado ó xadrez durante medio século, apostaría unha boa cantidade a que así é. …
-
Washington: A noite dos cristais rotos
A noite dos cristais rotos significou en Alemaña o recoñecemento da ascensión nazi. Anoite, hora galega, viviuse un episodio nos EEUU que mo lembrou. O asalto ó capitolio por unha turba instigada de forma non tan indirecta polo presidente saínte fai pensar en primeiro termo nun golpe de estado nun país do terceiro mundo.…
-
Tamén vota
Remato de recibir a imaxe anterior. Unha das moitas que circulan pola rede. Cólloa para ‘aledarme o día’, como tenta implicar o avatar que titula a frase. Ou mellor, para non rirme dos demais, senón para aprender con eles. Nos dous sentidos, aprender co que fan, posto ‘negro sobre branco’ polo ‘alégrame el día‘,…
-
Unha luva
Unha luva Unha pequena historia, comezos de ano. Unha luva como protagonista que queda, coa desaparición da (ou das) protagonista principal. A historia de fondo é curta: paseando con tranquilidade e tempo, un día frío e con chuvia intermitente, empuñando paraugas e unha bolsa, a rúa case baleira, perdo unha luva. Como? Despois…
-
Progresión do coronavirus en Ribadeo (II)
Despois de ter esperado varios días dende o artigo ‘Progresión do coronavirus en Ribadeo‘, por fin aparece na web do concello unha nova nota de prensa que copio abaixo. A data de 30/12 como data de cribado é indicativa, ó non terse difundido información sobre o tema máis que as notas do concello, coas…
-
Nota de prensa con ledicia: vacina
Hoxe mesmo, esta mañá, teño publicado o artigo “As notas de prensa do concello: 2020 e anteriores“. Con ledicia entérome dunha nova nota de prensa hoxe, que en nada varía ó publicado no artigo pero que cáusame ledicia ó tempo que vai na liña da esperanza: hoxe foi comezada a vacinación en Ribadeo, no…
-
As notas de prensa do concello: 2020 e anteriores
Aló polo 2007 poñíase en marcha de xeito experimental un mecanismo que se normalizou a partir do 2009. A publicación polo concello das súas propias notas de prensa. En realidade, a edición e publicaciń na web do concello foron contratadas cunha empresa, non sendo raro ver a noticia publicada nalgún medio antes que na…
-
Progresión do coronavirus en Ribadeo
Nunha semana, o alcalde leva difundido tres notas de prensa sobre o coronavirus en Ribadeo. En concreto, sobre o brote que afecta ó hospital asilo (non á nova residencia de maiores). Aínda que sobre a orixe circula un rumor insistente, non está recollido nelas, polo que queda como iso, como rumor. Coa liña de…
-
RIBADEO NA NOITE DOS TEMPOS. Pancho Campos Dorado
RIBADEO NA NOITE DOS TEMPOS Que imaxe podemos facernos dun período tan importante pero tan escuro e tan dilatado no tempo que está cheo de tantas incertezas? É un exercicio arriscado facer un relato verosímil sobre a poboación prehistórica de Ribadeo, ou sexa, facer un relato sobre os indicios probables dunha poboación da que…
