-
Letras galegas 2021. Xela Arias e Hernán

Un novo Letras Galegas. Xela Arias na celebración, e Hernán Naval na lembranza. O Campo, con libros e o Sol no ceo como límite. Hernán, nun debuxo meu, e Xela Arias, no cartel realizado por Chus Colmenero.
-
I Half Triatlón: desenvolvemento

Onte, baixo a chuvia, os deportistas deron o mellor de si. E Ribadeo recibiu a xente que inundou as súas rúas. Quedan en baixo algunha foto (miña) e ligado algún vídeo (de Fernando Suárez) como testemuña. As fotos de diversos momentos da carreira a pé, última parte do tríatlon: Os vídeos, de antes do…
-
Achegándonos ó aniversario de Hernán Naval

Como cada ano, ó achegarse o día das letras galegas, comeza a haber un bule bule en torno da figura de Hernán Naval Parapar, na que participo tamén, normalmente a través deste blog. Nesta edición, xa hai unha semana que vin algo nas redes sociais (queda en baixo), e remato de ver o artigo…
-
Escribir sobre o 15 M

Asemblea en Ribadeo o 20110619 Hoxe estamos de celebración. Celebramos o 15M, ese de hai dez anos, esa data que quedou marcada como a eclosión dun cambio de mentalidade sociopolítica na xuventude española. Entendiches? Ou sexa, o ‘noso’ 68, que tamén, dende Francia, tivo diversas antecedentes, réplicas e variacións (seguro que nas antigas checoslovaquias…
-
Half triatlón e cia.

I Half Triatlón. Non comprendo o seu nome, co primeiro signo en números romanos (logo, latín),a primeira parte do nome en inglés, e a segunda, en castelán (non en galego). A nota de prensa de hoxe non o aclara. Os voluntarios son ‘máis de cen’ (pedían 150), e os participantes aproximaranse ós 500. O…
-
Falando das letras galegas: premios en Ribadeo

Sempre da gusto falar de premios ós cativos. Remata de darse a coñecer como nota de prensa do concello os premios deste ano convocados pola biblioteca El Viejo Pancho con motivo das Letras Galegas. Corto e pego: seguro que coñeces a algunha ou algún. FORON PRESENTADOS MAIS DE 400 TRABALLOS Premiados Letras Galegas…
-
Francisco Moreda Pérez

Esta tempada Francisco Moreda está de moda. De moda matemática, pola cantidade de veces que é citado. Sen ir máis lonxe, aquí no blo a última entrada que o cita é de 11 de maio, e hoxe volvo á carga copiando a nota do concello pola que se comunica que ‘sufrirá’ unha homenaxe, despois…
-
Alcoa e a dioxina

Sede de Alcoa (425 Sixth Avenue, Pittsburgh, Allegheny County, Pennsylvania, EEUU) Alcoa quere marchar. Non sei se sería máis exacto dicir que quere fuxir, ou abandoar. A situación non está para moitas disquisicións lingüísticas, pero escoller a verba xusta dá máis e mellor visión da situación. A atención lévaa non só por cuestión do…
-
Letras no campo: programa, cartel, …

Ben, xa está dispoñible o programa da feira do libro de Ribadeo 2021, Letras no campo. Arriba queda. A pregoeira deste ano: Carme Rodríguez (Ribadeo, 1996). Compositora e con percorrido tamén na creación literaria. Foi gañadora en dúas ocasións do Certame Xuvenil Literario e de Artes Plásticas Concello de Ribadeo. A lectura…
