-
Que os chinos teñen unha nova arma? E que?
Onte un coñecido pasoume a ligazón dunha nova que viña a dicir no seu título que os chinos desenvolveran un mísil con cabeza nuclear que, actuando dende o espazo, sería imparable. Como se non houbera xa alarmas abondo coas crises que están a ameazar a nosa supervivencia no planeta (e que estamos a labrar…
-
Sobre a próxima concentración dos pensionistas en Ribadeo

Comunícanme que a concentración dos pensionistas non terá lugar o día 1 de xaneiro, que lle tocaba por ser o primeiro sábado de mes. Queda en baixo o aviso, para o primeiro sábado de febreiro.
-
Coronavirus en Ribadeo, domingo 20211212

Continúa baixando lento: 19 casos, incidencia a 14 días de 140 por cada 100 000 habitantes. Anteriores.
-
Coronavirus en Vilalba, domingo 20211212

49 casos ós 14 días, primeira baixada desta vaga. 348 de incidencia por cada 100 000 habitntes. Anteriores.
-
Coronavirus en Vilalba, sabado 20211211

Continúa a subir, aínda que lento: 51 casos, cunha incidencia de 362 por cada 100 000 habitantes a 14 días. Anteriores.
-
Coronavirus en Ribadeo, sábado 20211211

21 casos. Crucemos os dedos… Incidencia a 14 días de 140 por cada 100 000 habitantes. Anteriores.
-
Sobre a charla ‘Eólicos na Mariña, así non’

Onte venres, no cine teatro de Ribadeo, tivo lugar a charla de #eolicosnamarinhaasinon para a información e concienciación sobre os novos parques eólicos na Mariña e alén. Unha charla que coido que foi interesante (non puiden estar a toda ela), con información de todo tipo relacionada coa construción, funcionamento e efectos dos parques eólicos.…
-
Coronavirus en Ribadeo, venes 20211210

22 casos en 14 días implican xa unha tendencia clara de descenso. 220 de incidencia por cada 100 000 habitantes. Anteriores.
-
Coronavirus en Vilalba, venres 20211210

49 casos rexistrados nos últimos 14 días, un máis co reportado onte, con incidencia de 348 por cada 100 000 habitantes… Anteriores.
