-
Rematou o anuncio nas catro rúas

Por fin onte foron retirados os catro triángulos murais que anunciaban a construtora en cada unha das catro rúas do centro ribadense. Agora o nome das rúas e o escudo do concello loce libre. Xa o viches?
-
Coronavirus en Vilalba, mércores 20211222

19 casos, polo de agora segue baixando lento pero firme. Incidencia de 135 por cada 100 000 habitantes a 14 días. Anteriores.
-
Coronavirus en Ribadeo, mércores 20211222

20 casos. Forte suba. A incidencia de 200 por cada 100 000 habitantes a 14 días non indica nada bó. Anteriores.
-
Coronavirus en Ribadeo, martes 20211221

O número de afectados segue estable. 13, cunha incidencia de 130 por cada 100 000 habitantes a 14 días. Anteriores.
-
Coronavirus en Vilalba, martes 20211221

20 afectados, incidencia de 142 por cada 100 000 habitantes a 14 días. Segue a baixar. Anteriores.
-
Orzamento 2022: furgando na memoria

No pasado pleno, o xoves 16, coido que o último deste 2021, aprobouse o orzamento do concello e Ribadeo para 2022. É de congratularse o ter un orzamento xa antes de que comece o ano, como debe ser pero como tantas veces non é. A raíz do que nos chega, diríase que…
-
Coronavirus n Vilalba, luns 20211220

A boa dirección. O que debera ser. Os últimos datos van achegándose a iso: o que debera ser. 22 casos, incidencia de 156 a 14 días por cada 100 00 habitantes. O Nadal está aí. Anteriores.
-
Coronavirus en Ribadeo, luns 20211220

Pouco a pouco, a situación volve a baixar o número de casos, 12 cos datos do SERGAS de onte á tarde, subidos esta mañá. Encamiñamos as festas cun certo alento, de incidencia de 120 casos por cada 100 000 habitantes a 14 días. Anteriores.
-
Coronavirus en Vilalba, venres 20211217

Seguen as boas novas a contagotas. 36 casos, 256 de incidencia a 14 días por cada 100 000 habitantes.
-
Coronavirus en Ribadeo, venres 20211217

15 casos, incidencia de 150 por cada 100 000 habitantes ós 14 días. É dicir, pouco a pouco volve aumentar…
