Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: podcast

  • Xuntanza pola paz en Ribadeo, 20250209

    Xuntanza pola paz en Ribadeo, 20250209

    Como tantas outras veces dende o comezo da invasión da Ucraína, e como vimos facéndoo dende hai máis dun ano, un domingo máis, ás 12:30 no ribadense Cantón dos Moreno, xuntámonos pola paz. Desta volta, trinta persoas tentamos lembrar e poñer en valor algúns dos fitos que van xalonando as guerras. O que queda a…

  • Remata o pleno votando contra a lei? Audio

    O teixo de Arante, árbore senlleira dada onte por desaufizada polo alcalde. Autor descoñecido     Aínda con problema, xa podo compartir o audio da sesión do pleno extraordinario e obrigado de 20250204 en Ribadeo. Tomado dende o fondo da sala, hora e media, sen editar. Componse de breve intervención do alcalde para abrir o pleno,…

  • Verbas na xuntaza pola Paz en Ribadeo 20250202

        Hoxe domingo tivo lugar unha nova concentración semanal pola paz en Ribadeo, ás 12:30 no Cantón dos Moreno. Algo máis de trinta persoas fímonos achegando ate o final, máis algún que se parou a escoitar algún retazo ó lonxe para logo seguir o seu camiño. Deixo o audio antes do Grândola, con intervencións de…

  • Contra vento e choiva, paz

    Contra vento e choiva, paz     Hoxe, 26 de xaneiro, un domingo máis, tivo lugar a concentración pola paz que se ven tendo en Ribadeo de xeito semanal, a partir do comezo da guerra de Rusia contra Ucraína, e logo de xeito renovado, de Israel contra Gaza, Palestina, Líbano, Siria, Iemen… polo de agora.    …