Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.339 posts
31 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Medio

  • A Plataforma pola Defensa das Nosas Árbores convoca este venres un novo acto informativo sobre o futuro centro de saúde de Ribadeo

    A Plataforma pola Defensa das Nosas Árbores convoca este venres un novo acto informativo sobre o futuro centro de saúde de Ribadeo

    Atención: posponse o acto ó xoves 30 de outubro. Sairá nova convocatoria O pasado luns, 29 de setembro, reuníuse a asamblea da Plataforma pola Defensa das Nosas Árbores para tratar, entre outros, os seguintes asuntos: Informe sobre ruídos, actividades lucrativas nos espazos públicos do casco urbano, competencia desleal á pequena empresa local, deseducación das crianzas…

  • NOTA INFORMATIVA DA PLATAFORMA POLA DEFENSA DAS NOSAS ÁRBORES

    NOTA INFORMATIVA DA PLATAFORMA POLA DEFENSA DAS NOSAS ÁRBORES         O pasado luns, 29 de setembro reuniuse a asamblea da plataforma pola Defensa das Nosas Árbores para tratar, entre outros, dos seguintes asuntos:  Informe sobre ruidos, actividades lucrativas nos espazos públicos do casco urbano, competencia desleal á pequena empresa local, deseducación das crianzas con xogos…

  • A loita final. Ribadeo, sábado 13

    Chega a Ribadeo a proxección de ‘A loita final’, sobre a instalación da macrocelulosa de Altri no corazón de Galicia. Será o sábado 13 ás 7 da tarde no cine teatro.

  • Adif, Ence e administracións

    Adif, Ence e administracións

    Hai pouco atopei unha nova á que non se lle deu moita difusión: ‘Adif non recupera o perdido nunha obra en Asturias coa que Ence pagou menos impostos á Xunta‘. E viñéronme á cabeza as veces que me referín ó tema das actividades de Ence no porto de Ribadeo, as rebaixas de custes de Ence/rebaixas…

  • Xogos a remollo?

    Esta semana hai un estourido de actividade en Ribadeo. Ó estilo das fogueiras que se acenden históricamente xusto no momento álxido para axudar a que o Sol non perda forza e navegue cara ó inverno, en Ribadeo decretouse unha semana, esta, entre ACISA e Concello, con actividades para manter as visitas, incluíndo comercio na rúa,…

  • Contra o lume, en Ribadeo

    Onte, día 21, tivo lugar a concentración contra o lume en Ribadeo. Unhas 200 persoas, concentradas diante do concello como presión para tentar unha política de desenvolvemento forestal que permita un futuro ó rural e a todos nós, sen o sufrimento que implican os fogos queimando unha superficie como nove veces a do concello e…

  • Manifestacións en toda Galicia

    Únennos os desastres. Prestige, lume… unha vez que pasan. Poucos son os que se mobilizan antes para tentar evitalos, para mellorar a vida de todos e previr… Estamos nun deses momentos. Incendio a incendio, os lumes queimaron xa en Galicia este ano unha superficie como sete veces a que ocupa o concello de Ribadeo, e…

  • Outro ano, outra bandeira negra

    Outro ano, outra bandeira negra

    Remata de darse a coñecer o informe das bandeiras negras de Ecoloxistas en acción deste ano. Na Mariña, aparecen a balsa de lodos de Alcoa (por contaminación otorgouse á empresa Alcoa polo recrecemento da balsa de residuos e o recén descuberto emisario oculto ao mar) e outro ano -pois xa a tivo tamén no 2022-,…

  • Plataforma pola defensa e protección das árbores de Ribadeo. Nota de prensa

    Plataforma pola defensa e protección das árbores de Ribadeo. Nota de prensa

    Plataforma pola defensa e protección das árbores de Ribadeo Nota de prensa Con data de 24 de Marzo, na páxina web do concello de Ribadeo pode lerse unha comunicación sobre un proxecto de reformas no parque próximo a capela de San Miguel do que reproducimos o seguinte parágrafo: “…garantir a seguridade deste parque, eliminando todos…

  • Eólicos varridos

    Eólicos varridos

    Hai tempo que toquei o tema dos eólicos ‘instalados’ no porto deportivo. Agora levan tempo xa botados en plan lixo en lugar que fai de escombrera no porto comercial, á vista dos transeúntes do paseo marítimo. Deixo arriba unha foto que así o amosa, e en baixo un vídeo que os amosa ‘instalados’ no porto…