Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: José A. Salvatierra Rico

  • Máis aló de pedir polo fin do xenocidio

    Máis aló de pedir polo fin do xenocidio

    O pedir pola paz non pode quedarse aí. Hoxe, na concentración convocada tódolos domingos, Suso Fernández leu un artigo. Evaristo Lombardero comentou dous artigos de Le Monde Diplomatique. José Ángel Salvatierra falou sobre diversas cousas, incluído un artigo do El País. E eu tamén dixen unhas palabras, na idea de que hai que difundir que…

  • Pola paz, Ribadeo 20250330

    Xunto coa convocatoria da concentración pola paz en Ribadeo para o próximo domingo 30 de marzo, deixo a gravación do pasado domingo 23 de marzo, na que con asistencia de 25 persoas (había outras convocatorias pola sanidade ás que asistiu xente que moitas veces acode a esta) e nas escaleiras do concello por mor do…

  • 20250316, un soleado e frío domingo pola paz

    20250316, un soleado e frío domingo pola paz

    Hoxe. 28 persoas pedindo pola paz en Ribadeo e debatindo, tentando axudar a construír un futuro mellor. Millóns sufrindo o envite da guerra en todo o mundo. So algunha foto de Suso e a gravación de verbas de Suso, Evaristo, miñas, Salvatierra ou Nana, xunto co cartel co chamamento á concentración. Tamén houbo unha referencia…

  • Xuntanza pola paz en Ribadeo, 20250209

    Xuntanza pola paz en Ribadeo, 20250209

    Como tantas outras veces dende o comezo da invasión da Ucraína, e como vimos facéndoo dende hai máis dun ano, un domingo máis, ás 12:30 no ribadense Cantón dos Moreno, xuntámonos pola paz. Desta volta, trinta persoas tentamos lembrar e poñer en valor algúns dos fitos que van xalonando as guerras. O que queda a…

  • 7291? Gastronomía galega! Salvatierra e Ayuso

    Non, non preguntes polos 7291 mortos das residencias madrileñas en pandemia. Pregunta polo impacto da gastronomía galega na presidenta madrileña. Coido que o anterior podería tomarse como resume informal da ¿conferencia? que Díaz Ayuso quixo dar en Ribadeo en días pasados, nos Foros de debate do Voar / Sargadelos. Foros polos que leva pasado dende…

  • Verbas na xuntaza pola Paz en Ribadeo 20250202

        Hoxe domingo tivo lugar unha nova concentración semanal pola paz en Ribadeo, ás 12:30 no Cantón dos Moreno. Algo máis de trinta persoas fímonos achegando ate o final, máis algún que se parou a escoitar algún retazo ó lonxe para logo seguir o seu camiño. Deixo o audio antes do Grândola, con intervencións de…

  • Concentración pola paz nun día frío en Ribadeo

    Concentración pola paz nun día frío en Ribadeo     Mentres en Gaza está por ver se se cumpre a tregua, mentres alí e noutros moitos lugares a xente morre polas bombas na guerra, ou polo frío e pola fame que deixa de rastro, deixo en baixo un par de fotos de Suso onde se amosa…

  • De onte, pola paz

        Onte, domingo, 12:30, Cantón  dos Moreno, como xa ven sendo ‘tradicional’ en Ribadeo, tivemos unha nova asemblea pola paz. Deixo en baixo o cartel de Suso, algunhas fotos tamén del e o audio da xuntanza, na que estivemos trinta persoas zarandeadas polo vento a máis de polas circunstancias de medre das guerras.Un momento onde…