Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.557 posts
43 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Suso Fernández

  • Paz

    Entre incendios e incendiarios tamén na política, os peores son estes últimos. Son a causa de mortes e xenocidio sen fin… berremos, presionemos, fagamos paz!

  • Pedindo a paz hai 35 anos (e hoxe)

    O pasado domingo 19 de xullo, unha vez máis, concentrámonos nas escaleiras do concello algo máis de trinta persoas para pedir, falar e tentar construír a paz. Como é habitual, houbo diversas intervencións, e, como tamén xa está a ser habitual, a poucos metros estaba preparada unha actuación. Isto último, algo que polo número de…

  • Paz. Concentración en Ribadeo

    Un domingo máis, en Ribadeo xuntarémonos pola paz.

  • Paz para o verán?

    Paz para o verán?

    O 21 de xuño á 6 e 25 da mañá, hora oficial española na península, comeza o verán. O 21 de xuño, domingo este ano, ás 12:30, haberá unha nova concentración dominical pola paz en Ribadeo. Haberá paz no verán? Que non nos quiten nin a ilusión do futuro nin a obxectividade para ver os…

  • Domingo 17: Letras galegas en paz

    Este domingo coincide 17 de maio. En Ribadeo dúas concentracións sucédense no mesmo lugar: letras e paz.

  • Paz é nome de muller

    Domingo 8 de marzo. Concentración pola paz, igual que todos os domingos, diante do concello. Xusto antes, manifestación polo 8M. Deixo algunha foto de Suso Fernández e o audio, e máis abaixo, o lido por Jesús Irigoyen o 22 F: Como lembranza deste domingo pasado, fotos de Suso: E o texto de J.I. como foi…

  • Paz, edición 20260222

    Un novo domingo haberá concentración pola paz en Ribadeo. Coa ameaza dunha nova ‘intervención’ dos EEUU, desta volta en Irán, para incrementar a guerra no mundo (dame medo dicir a ‘guerra mundial’ na que estamos inmersos). Despois de que nesta semana os EEUU atacaran e mataran a máis persoas no pacífico (presuntos narcotraficantes, din…) ou…

  • Febreiro comeza pedindo paz

    1 de febreiro, domingo. En Ribadeo, igual que tódolos domingos, ás 12:30, xuntarémonos no Cantón dos Moreno (ou no veciño adro do concello, se vai mal tempo) pola paz. Queda a continuación o cartel anunciador e varias fotos de Suso Fernández correspondentes á concentración do domingo pasado, 20260124, así como o audio da mesma.

  • Unha triste palabra do ano: Xenocidio

    Unha triste palabra do ano: Xenocidio

    A nota que deixou a Real Academia Galega: “A votación popular para a escolla da Palabra do Ano da campaña do Portal das Palabras, a web para a difusión do léxico galego promovida pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié, concluíu coa elección de xenocidio. O neoloxismo foi creado por Raphaël Lemkin (1901-1959) e…

  • Paz? Únete o domingo 21

    Un novo domingo, concentración pola paz en Ribadeo, contra a extensión da guerra no mundo, en particular, contra os xenocidios como xeito máis nefando de relación humana: