Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.604 entradas
48 seguidoras

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Recuncho da lectura

  • Recuncho da lectura: El asedio de Troya

    Recuncho da lectura: El asedio de Troya

    Recuncho da lectura: El asedio de Troya El asedio de Troya. Theodor Kallifatides. ISBN 9788417971533. Galaxia Gutenberg. Barcelona 2018. 170 p. (cas.) A ilíada para xente nova, como novela dentro dun conto. Sen máis transcendencia. Iso si, o argumento da Ilíada xa o teño! https://lectura.social/book/195408/s/el-asedio-de-troya – Comentarios en Lectura.social

  • Recuncho da lectura: Bakhita

    Recuncho da lectura: Bakhita Bakhita. Véronique Olmi. ISBN 9782226393227. Éditions Albin Michel. Paris 2017. 456 p. (fr) Histórica, si, mais novela. Ás veces bótaselle de menos a historia plana, ás veces nótaselle que sobra interpretación dirixida… En si, unha estrutura onde a parte agria ocupa a maioría do texto como querendo aproveitar o tirón macabro,…

  • Recuncho da lectura: A noiva cuántica

    Recuncho da lectura: A noiva cuántica A noiva cuántica. Cid Cabido. ISBN 9788411765763. Editorial Galaxia, Vigo 2026. 254 px. Áxil e entretida, pero totalmente prescindible.

  • Recuncho da lectura: Je voudrais que quelqu’un m’attende quelque part

    Recuncho da lectura: Je voudrais que quelqu’un m’attende quelque part

    Recuncho da lectura: Je voudrais que quelqu’un m’attende quelque part Je voudrais que quelqu’un m’attende quelque part. Anna Gavalda. (ISBN) EAN 9782290311783. Éditions j’ai lu. Paris, 2011. 157 px (fr) Conxunto de relatos, diríase que sobre o amor e as consecuencias do imprevisto, pero nos que, en cada un, a sorpresa desenvólvese de xeito natural,…

  • Recuncho da lectura: Le mage du Kremlim

    Le mage du Kremlim. Giuliano da Empoli. ISBN 978207300391-1848288851X. Col. Folio. Ed. Gallimarda, Paris 2023. 316px. É unha novela, pero parece un informe sobre o poder na Rusia dos últimos trinta anos. A redacción non é nada especial, pero a forza narrativa leva ate o último parágrafo sen distraccións máis aló da comparación do que…

  • Recuncho da lectura: O Gatopardo

    Recuncho da lectura: O Gatopardo

    O Gatopardo. Giuseppe Tomasi di Lampedusa. ISBN 848288851X. Ed. Galaxia, Vigo 2005. 279px. Para min, unha novela diferente, que trata un tema pasado pero non tanto en canto a que pode tomarse como arquetipo con ollos po presente introspeccionando as persoas pasadas. Sen reviravoltas de máis nin parágrafos sobranceiros, e con algunha cita máis tan…

  • Recuncho da lectura: La sociedad del cansancio

    Recuncho da lectura: La sociedad del cansancio La sociedad del cansancio. Byung-Chul Han. ISBN 9788425451447. Herder, 2025, Barcelona (118 px) Non estou afeito á filosofía; pode que por iso non lle chame a isto exactamente filosofía, senón pensamento. Polo demáis, un libro cheo de reflexións interesantes, aínda que repetitivas sen aportar novidades a cada iteración.…

  • Recuncho da lectura: Touriste de bananes

    Recuncho da lectura: Touriste de bananes Touriste de bananes. Georges Simenon. Folio Policier. Ed. Gallimard. ISBN 9782070408375. Saint Amand (Cher) 2005. 214 px (fr.) Cualificado nunha colección policíaca, é unha novela que non se desviaría de ‘O ser e a nada’ ou ‘A náusea’, plasmando unha vida -una anaco vital- como un baleiro existencial que…

  • Recuncho da lectura: Agnes

    Recuncho da lectura: Agnes Agnes. Javier Peña. Blackie Books. ISBN 9788418733369. Barcelona 2021. 310 px (cast) Múltiples historias nunha certa atmosfera nebulosa cun fío común que dá pe a outra historia máis nebulosa aínda da que a protagonista pretende ser autora mais resulta só autorizada… Entretén, aínda que entendo que as mellores historias (a mellor…

  • Recuncho da lectura: E ti, por que queres falar diso?

    Recuncho da lectura: E ti por que queres falar diso? E ti, por que queres falar diso? Paz Leirós. ISBN 9788418567827. Alvarellos. Santiago, 2025 (142 px) Testemuña. Mais entendo que desfiachada, como querendo e loitando contra a non querencia duns feitos , unha visión humana particular da guerra civil en Santiago, mesturada cunha visión da…