-
Máis efectos secundarios do turismo: Que foi do dereito ó descanso nocturno? Iván Rodríguez Lombardero
A pasada Semana Santa, os trailers da Panorama desembarcaban diante da nosa ventá, e tivemos que fuxir a un hotel na Veiga onde gastamos 70€ para poder durmir pola noite. Non entendín que tiña que ver a Semana Santa coa Panorama, pero xa vexo que non foi unha excepción: vai sendo a nova normalidade -ruidosa-…
-
“O Panorama nas Catedrais: 21 anos de desprotección”. Iván Rodríguez Lombardero
Sabido é que para as nosas administracións o respecto pola natureza e o coidado da contorna nunca foi unha prioridade. Sofremos dunha inconsciencia xeralizada sobre as repercusións da contaminación (química, radiativa, sonora) na nosa saúde, tanto coma sobre os efectos das nosas accións sobre os sistemas e procesos naturais. Enganámonos cunha errada percepción de bo…
-
“Non mires á balsa de ALCOA”. Iván Rodríguez Lombardero

Unha curiosidade: a balsa, en Google Maps, aparece da mesma cor que a auga… (captura de Google Maps) “Non mires á balsa de ALCOA” O pasado 11 de outubro a Xunta de Galicia publicou unha Declaración de Impacto Ambiental (DIA) favorable para o recrecemento da balsa de lodos vermellos de Alcoa. Unha DIA “singular”, como…
-
A recuperación da formación agroecolóxica en Pedro Murias. Iván Rodríguez Lombardero e Antonio Villarino
Vai para un ano que, a iniciativa de profesionais mariñáns de longa traxectoria e convocadas polo Concello de Ribadeo, diversas entidades relacionadas co medio rural xuntámonos para falar da deriva de abandono da Escola Pedro Murias de Ribadeo. Na xuntanza conviñemos que a Escola é un recurso de enorme valor para a comarca, que…
-
Do aforro de auga, por Iván Rodríguez Lombardero
CC by 2.0. Autor: Angie de Sawara, Chiba-ken, Japan A auga é un elemento da natureza cun papel moi relevante nos ecosistemas. Imprescindible para a vida, é axente de erosión e transporte de sedimentos e nutrintes desde o continente cara ó mar, sen os que non sería posible nin o mantemento das praias nin o…
-
Os efectos secundarios do turismo III: A fenda da desigualdade
Os efectos secundarios do turismo III: A fenda da desigualdade Falamos en escritos anteriores da saturación e degradación dos espazos naturais por un turismo sobre o que renunciamos a facer algunha planificación ou control. Tamén da problemática do ruido de actos que converten a nosa vila nunha sorte de “parque temático” no que o visitante…
-
‘Teñamos a guerra en paz’
Mañá domingo 5 de outubro hai de novo concentración pola paz en Ribadeo. Por desgraza, non hai motivo para non facela, nin aínda tras a aceptación parcial do plan ‘de paz de Trump’ por Hamas (dende a aceptación, van máis de corenta asasinados por Israel en Gaza). Queda a convocatoria en baixo (hai a posibilidade…
-
EN DEFENSA DUN FERROCARRIL PÚBLICO, SOCIAL, ECOLÓXICO, EFICIENTE E SOSTIBLE

Copio e axusto dunha nota que colgou Iván Rodríguez Lombardero para unha actividade de apoio ó ferrocarril que en Ribadeo terá lugar este domingo: EN DEFENSA DUN FERROCARRIL PÚBLICO, SOCIAL, ECOLÓXICO, EFICIENTE E SOSTIBLE A vindeira semana (26/5 a 29/5) as plataformas de defensa do tren de Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi realizarán unha…


