Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Ribadeo segue caendo


Hai xa preto de dous anos que saíu ‘Ribadeo falls‘, e parece que fora onte: Ribadeo en moitos lugares segue sendo un desastre parello, e nalgúns outros, aínda peor. O entorno da Praza de Abaixo coido que se merece outra cousa. O Colexio (a pedra do balcón foi referida no blog a semana pasada) e a casa veciña, na r/Trinidad, o cine Colón e o edificio dos Moreno ou a casa que fai esquina con Amando Pérez son exemplos para non ter en conta. Debe haber no blog hai cousa de dous anos unha referencia relativamente extensa a unha normativa a cumprir que foi levada adiante polo actual alcalde e que pretendía ser unha ferramenta para que edificios deste tipo (e máis chamativos, do tipo da Torre dos Moreno, que poñerei máis adiante) foran recuperados. En troques, soliviantou ós veciños que teñen as casas mantidas e non amañou (ao menos polo momento) o tema. Mágoa…

Seguiremos.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *