Un par de correccións de última hora: ‘Concerto di Natale’ non se tocou. O acordeón non foi tocado por Dolores Fernández, senón por Alejandro Martínez.
52 músicos (incluído director e reforzos) deleitaron a noite, incluído un bis do Lyric Waltz.
Por certo, por que algunhas cousas son novas só antes de sucederen e outras só despois? Foi algo que plantexei escribindo esta entrada, a conto de que non creo que o próximo día que sallan as ‘Mariña’ a prensa saia nada desto, un concerto que congregou a unha cantidade de xente que pouco lle faltou para encher o aforo do ‘Hernán Naval’, e que polo tanto, congregou a máis xente que calquera outro acto esta semana.
Lembro que para ver ampliadas as imaxes hai que premer sobre elas…