Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Capela da Virxe do Camiño







Dia tras día pasando diante dela fai que se mire. E non gusta o que se ve. O desuso únese ó descuido, e a eles, o abandono. Unha ventana aberta permitiu a foto do interior. O exterior só ten cuidado dende a derradeira vez de amaños o cartel que nonconcorda moito co estilo da capela. e agora, o xardín de Sela convertido en Parque de Indianos na súa dianteira. Onte mesmo comentaba que a súa presenza debeu servir para que se conservase o xardín de Sela e se ampliara o ancho da rúa naquela zona, permitindo hoxe unha ‘zona verde’ que habería caído se a capela non tivera a disposición estratéxica que ten, de espaldas ó pobo, coa entrada polo oeste.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *