Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

A petición de algo que xa é


Parece (a nova está sen confirmar) que empresarios dun pub pediron ó concello a declaración da zona de Pasarón y Lastra zona de baixa sensibilidade acústica. Como nunca deixou de selo (nunca se lle deu unha clasificación), a petición é cando menos, curiosa. Precisamente está pedido dende hai tempo que o concello a cambie. E, dende aquela, un local novo na zona tivo que retirar, por orde xudicial, a música amplificada que tiña, pero non por ter cambiada a cualificación da zona, senón por concesión mal feita por parte do concello no mandato anterior. Agora estase a plantexar a renovación doutro local próximo, e o anuncio coincide o día despois da saída en prensa da causa contra Balbino, relacionada co tratamento do ruído no concello.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *