Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.237 posts
27 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Saña ou a victoria de Bin Laden


Coido que moita xente terá lido hai xa algún tempo algún artigo comentando que a evolución do comportamento dos países ‘democráticos’ fronte ó terrorismo podía ser unha auténtica derrota se se caía en comportamentos de cerrazón, mesmo de terrorismo interno frontes ós propios cidadáns, nun país convertido nunha especie de ‘gran irmán’ ó estilo orwelliano. Co pretexto de protección antiterrorista fixéronse posibles limitacións de liberdade e atrancos de movementos, máis coa morte de Bin Laden manifestouse aínda un paso máis, a saña medieval contra o inimigo, o paso por riba dos dereitos doutros países facendo gala diso mesmo (o pisotealos xa ven de lonxe, pero non o facer gala pública diso), a destrucción da posibilidade de localización de restos, … feitos perpetrados por unha nación que pretende levar a democracia a todo o globo e que está dirixida por un premio Nobel da Paz. Coido que Bin Laden puido ser destruído (aguantou moito), pero a súa labor perdurará e afectaranos a todos.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *