Despois da primeira parte Algunha curiosidade da débeda, un pequeno axuste cos datos que se van tendo das cidades galegas, como comparación. A dicir que a comparación inclúe unha diferencia entre 0 e máis de 4 millóns de euros no caso de Vigo … só por ‘axustes contables’ (de calquera xeito, en débeda per cápita para a gráfica adxunta, representaría pouco máis de 10 €).
Na gráfica, máis arriba, os grandes concellos galegos, ordeados por pobación crecente. Na parte de abaixo, a mesma táboa xa posta anteriormente dos concellos mariñáns. viveiro e Barreiros sobrepasan a débeda per cápita de calquera dos grandes concellos. E se quitamos a dous ‘pequenos’ dos grandes, case a maioría dos mariñáns sobrepasana todos. Indica iso entón que os concellos grandes tenden a estar maís saneados porque son máis mantibles económicamente?