Onte, despois dun traballo extra non remunerado, correspondente nin correspondido de ‘funcionario con privilexios devaluados’ (ó que parece), puiden asistir e desfrutei escoitando o concerto de sons de muller, no que Uxía, a Banda, o grupo de cantareiras Irimia, Idoia Kareaga, o grupo Alesancia e “Sés – espectáculo” participaron de nove a cousa das once media da noite.
Deixo a continuación algunha peza, comezando por Miniatures for band interpretada pola Banda Municipal de Ribadeo.
Un par de Irimias:
E unha Alesancia:
Abaixo queda unha pequena alegoría: unha grória tomada esta semana na glorieta do Eroski e unha manifestación dunha actividade anterior, un tramo das pisadas que conducen á exposición sobre cómic na casa da xuventude e que prefiro tomar como unha indicación de que se fai camiño ó andar.
Por certo, Ribadeo non termina aquí: aí están os ‘taxis turísticos‘ para animar máis omovemento de persoas (e cartos) en Ribadeo.