Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.241 posts
27 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

2ª película do ciclo de cine ‘Novelando a presión social’


Despois dunha interesante primeira película e máis interesante discusión, tomo do blog de O Tesón a nota de prensa e cartel da segunda, correspondente á película ‘Network, un mundo implacable’:

Nota de prensa:

 

Ribadeo, 20121110

A
AVV O Tesón comezou o pasado venres 9 de novembro de 2012 un novo
ciclo de catro actividades de cine forum co nome xenérico de
‘Novelando a presión social’.

O
ciclo pretende achegarse á actualidade da presión que sofre (e
tamén exerce) a sociedade a traverso da expresión no sétimo arte.
Foi proxectada a película ‘La Ola’, sobre a posibilidade dunha
deriva autoritaria, amntendo despois un interesante debate no que os
participantes conectamos a película con diversas instancias da
realidade social, española e internacional.

Das
películas restantes, Network, Un mundo feliz e El Acorazado
Potemkin, este venres 16, novamente ás oito do serán, será
proxectada a primeira, ‘Network, un mundo implacable’, interesante
visión extrema sobre a presión dos medios e a súa interacción coa
sociedade.

O
ciclo, en cada unha das catro semanas, terá o mesmo esquema de
actuación: repartirase unha pequena introducción escrita e
comentarase, haberá o pase da película e logo o foro de comentario
de ideas e sentementos sobre o desenvolvemento da mesma e a evolución
social.

O
desenvolvemento será no Salón de Actos da Casa do Mar de Ribadeo, á
mesma hora os catro venres, as 20:00. A actividade é de
participación libre e gratuíta.

Lémbase
que ó igual que os anteriores ciclos promovidos pola asociación
veciñal, este desenvolverase en catro fins de semana seguidos. As
próximas proxeccións terán lugar os venres16, 23 e 30 de novembro.

Ribadeo,
10 de novembro de 2012.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *