A nova de hoxe son as estatísticas do paro. Por exemplo, no El Progreso, temos ‘o total de
desempregados a peche de 2012 situouse en 4.848.723, un 9,64 % máis
respecto de 2011’, ‘426.364 persoas’,
‘a Seguridade Social pechou 2012 con 16.442.681
afiliados medios, o 4,57 % menos que un ano antes (787.240 persoas)’, datos que adxuntan que o descenso do paro correspondente a decembro é o mellor da serie histórica.
Imaxe tomada de El Progreso |
Ben …a destrución de emprego son 787 240 postos de traballo, mentras que o aumento do paro son 426 364 … Non cadran as contas, verdade? É certo que algún deses postos desaparecidos corresponderá a inmigrantes que voltan ó seu país, pero xa que a variación demográfica non é acusada nun só ano, e que os inmigrantes sempre foron unha minoría (máximo, 1/8 da poboación traballadora), é normal pensar que ese descuadre de máis de 350 000 persoas corresponde sobre todo á emigración. A eses novos que segundo algúns mandamaises, vánse porque queren coñecer mundo. E si, recollendo algún dato disperso do ano, cadran as contas. Así, resulta que os emigrantes, a parte de selo por ansia de viaxar, amañan (sin dicilo, sen querer os méritos para si) os datos do paro … que aínda así, aumentou máis en 2012 que nos dous anos anteriores, á espera dos anunciados brotes verdes ou comoqueira que se lles chame agora.
Que o salario medio aumentou abondo menos que o IPC? Pois si, tamén!