Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Unha suxerencia para a xente de vacacións


8:00 da mañá. Ceo despexado, temperatura suave, rúas con restos de choiva, ambiente agradable, con paxaron gorgullantes, pero sen xente. Así pode ser Ribadeo e era esta mañá.

8:15. As rúas comezan a ter inquilinos. Non só persoas, tamén coches, brancos, repartindo o pan, ou cor oliva, patrullando pola peonil. O limpacristais adianta o seu traballo con bo tempo, as mesas seguen amontoadas fóra das cafeterías …

8:30. Comeza a desvaecerse o efecto. Seguen as rúas semibaleiras, o tempo bó, pero os paxaros cantan menos, e síntese a transicióna pleno día, co seu bulir e as gaivotas suplindo en boa aprte ós paxaros…

O resto do día? Ise xa o podes coñecer.

Imaxes? O vives ou imaxinas. As imaxes poden ser boas, pero neste caso, mellor imaxina … ou vive!


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *