Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

De novo, o galego


Achegámonos ó 17 de maio, e raro sería que non apareceran diversas novas sobre o galego, o seu estado, a súa consideración, medidas teóricamente de apoio, etc.

Onte en Ribadeo, transcrición o máis fidedigna do que son capaz: “Bueno, en que quereis que hable?”. A maioría destacada da xente que responde, unha porcentaxe nada despreciable de preto de duascentas persoas: “En galego!”. A resposta: “Bueno, como me tiene que entender todo el mundo, hablaré en castellano, que lo sabe todo el mundo.”

Quen falaba, a todas luces era galego, como quedou amosado por algún desliz idiomático. Por certo, pon un curto e … tradución do alemán ó castelán.

Que o galego perda falantes non é preocupante: é lóxico, e produto de centos de anos de ataque.

Máis? Pódense dicir unha morea de cousas, feitos, razoamentos ou sentementos…


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *